Red Bull Powertrains , a enciclopedia libre
Red Bull Powertrains é unha empresa de fabricación de unidades de potencia da Fórmula Un propiedade da compañía austríaca Red Bull GmbH. A compañía formouse en 2021 para facerse cargo da construción das unidades de potencia de Fórmula Un desenvolvidas por Honda a partir de 2022, tras a retirada do fabricante xaponés do deporte despois de 2021.
Red Bull Powertrains | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | negocio e filial ![]() | ||
Forma xurídica | società a responsabilità limitata ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Propietario/a | Red Bull GmbH ![]() | ||
Fundador/a | Dietrich Mateschitz, Helmut Marko e Christian Horner (pt) ![]() ![]() | ||
Matriz | Red Bull Racing ![]() | ||
Actividade | |||
Industria | industria do automóbil ![]() | ||
Produtos | |||
Data | |||
Fundación | 16 de febreiro de 2021 ![]() | ||
Localización | |||
País | Austria ![]() | ||
Sede | Milton Keynes ![]() | ||
Ligazóns | |||
Páxina WEB | redbullpowertrains.com… ![]() | ||
[ Wikidata ] |
En 2022 Honda ensamblará as unidades de potencia e proporcionará soporte para as operacións en pista e carreiras, antes de que Red Bull Powertrains asuma a total responsabilidade do seu funcionamento a partir de 2023. As unidades de potencia seguen sendo propiedade intelectual de Honda e, debido a unha conxelación do desenvolvemento, Red Bull Powertrains non os desenvolverá.[1]
Historia
editarEn febreiro de 2021, Red Bull Advanced Technologies asinou un acordo de distribución exclusiva de motores de Fórmula Un con Honda para comezar na tempada 2022 despois de que o fabricante de automóbiles xaponés abandonase a Fórmula Un ao final da tempada 2021.[2] Os motores serán adquiridos e renomeados por Red Bull, e subministrados aos seus dous equipos que compiten actualmente na Fórmula Un, Red Bull Racing e Scuderia AlphaTauri, a partir de 2022.
O 23 de abril de 2021, anunciouse a contratación de Ben Hodgkinson como director técnico de Red Bull Powertrains[3] Hodgkinson foi o xefe de enxeñería mecánica de Mercedes AMG High Performance Powertrains desde 2017, e traballou na fábrica de Brixworth durante 20 anos. O 6 de maio, Red Bull anunciou a contratación de cinco importantes empregados de Mercedes: Steve Blewett (que será o director de produción da unidade de potencia Red Bull), Omid Mostaghimi (xefe de motor, electrónica e recuperación de enerxía), Pip Clode (xefe de deseño mecánico para a recuperación de enerxía), Anton Mayo (xefe de deseño de unidades de potencia de combustión) e Steve Brodie (líder de operacións de motores de combustión).[4]
Resultados do motor de Fórmula Un
editarAno | Participante | Chasis | Motor | Pneumáticos | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Ptos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2023 | Oracle Red Bull Racing | RB | RBPTH 1.6 V6 t | P | BHR | SAU | AUS | ACE | MIA | EMI | MON | ESP | CAN | AUT | GBR | HUN | BEL | NED | ITA | SIN | XAP | QAT | USA | MEX | BRA | LVG | ABU | 0 | -º | ||
Max Verstappen | |||||||||||||||||||||||||||||||
Sergio Pérez | |||||||||||||||||||||||||||||||
Scuderia AlphaTauri | AT | P | Yuki Tsunoda | 0 | -º | ||||||||||||||||||||||||||
Nyck de Vries | |||||||||||||||||||||||||||||||
2022 | Oracle Red Bull Racing | RB18 | RBPTH001 1.6 V6 t | P | BAH | SAU | AUS | EMI | USA | ESP | MCO | AZE | CAN | GBR | AUT | FRA | HUN | BEL‡ | NED | ITA | SGP | XAP | USA | MEX | BRA | QAT | 759 | 1º | |||
Max Verstappen | 19† | 1 | Ret | 11 | 1 | 1 | 3 | 1 | 1 | 7 | 21 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 7 | 1 | 1 | 1 | 64 | 1 | |||||||||
Sergio Pérez | 18† | 4 | 2 | 23 | 4 | 2 | 1 | 2 | Ret | 2 | Ret5 | 4 | 5 | 2 | 5 | 6 | 1 | 2 | 4 | 3 | 75 | 3 | |||||||||
Scuderia AlphaTauri | AT03 | P | Pierre Gasly | Ret | 8 | 9 | 12 | Ret | 13 | 11 | 5 | 14 | Ret | 15 | 12 | 12 | 9 | 11 | 8 | 10 | 18 | 14 | 11 | 14 | 14 | 35 | 9º | ||||
Yuki Tsunoda | 8 | NTS | 15 | 7 | 12 | 10 | 17 | 13 | Ret | 14 | 16 | Ret | 19 | 13 | Ret | 14 | Ret | 13 | 10 | Ret | 17 | 11 |
Notas
editar- ↑ "Red Bull agrees Honda engine IP use, reveals post-2021 plan". The Race (en inglés). 7 de outubro de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ Pryson, Mike (15 de febreiro de 2021). "Red Bull F1 Forms Powertrain Company, Will Keep Honda Technology". Autoweek (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2022. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "Red Bull hire Ben Hodgkinson from Mercedes to lead new powertrains division in sign of 'long-term intent'". Sky Sports (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "Red Bull poach five key figures from Mercedes in technical shake-up". The Independent (en inglés). 6 de maio de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2021.