Rei Lot , a enciclopedia libre

Lot ou Loth é o rei homónimo de Lothian nas lendas artúricas. É coñecido por ser o pai de Sir Gauvain.

Rei Lot

Tipopersoa que podería ser ficticia e ser humano Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMorgause Editar o valor en Wikidata
Fillo/aGauvain, Agravain, Gaheris e Gareth Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Como gobernante apareceu por vez primeira no material haxiográfico sobre San Kentigern (tamén coñecido como San Mungo), que o nomea como Leudonus, o rei de Leudonia, un nome en latín de Lothian. Máis tarde, Geoffrey de Monmouth incluíu a Lot, rei de Lothian na súa crónica Historia Regum Britanniae, que o sinala como o cuñado do Rei Artur e tamén como o seu aliado. A raíz disto, Lot apareceu regularmente en romances posteriores.

Lot figura case sempre como rei de Lothian, pero noutras fontes indícase que tamén goberna as Illas Orcadas e en ocasións Noruega. Xeralmente é representado como o esposo da media irmá do Rei Artur, Morgause, tamén chamada Anna. Os nomes e o número de fillos de Lot varían segundo as fontes, pero a tradición dálle de fillos a Gauvain, Agravain, Gaheris, Gareth e Mordred.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar