Resident Evil: Apocalypse , a enciclopedia libre
Resident Evil: Apocalypse é un filme de terror estadounidense dirixido por Alexander Witt que se estreou no 2004. Segundo filme da franquía de Resident Evil, precedido por Resident Evil (2002) e seguido por Resident Evil: Extinction (2007) e Resident Evil: Afterlife (2010).
Sinopse
editarUn virus mortal foi liberado sobre a poboación de Raccoon City. Alice (Milla Jovovich), unha das superviventes do desastre bioquímico, atópase no corazón desta devastada cidade. Sometida a experimentos que alteraron a súa xenética, agora ten forza, sentidos e velocidade sobrehumana. Estas habilidades, e máis, serán as que deba empregar se quere fuxir, xunto con outros superviventes da cada vez máis perigosa Raccoon City. Para acadar a súa meta terá que loitar contra as forzas da Umbrella Corporation, as violentas criaturas de bioenxeñería creadas nos seus laboratorios, os zombis que pragan a cidade e, finalmente, enfrontarse á máis colosal e mortal destas creacións: Némese.
Personaxes
editar- Milla Jovovich como Alice
- Sienna Guillory como Jill Valentine
- Oded Fehr como Carlos Olivera
- Thomas Kretschmann como Alcalde Timothy Cain
- Sophie Vavasseur como Angela Ashford
- Razaaq Adoti como Peyton Wells
- Jared Harris como Doutor Charles Ashford
- Mike Epps como Lloyd Jefferson (L.J.) Wayne
- Sandrine Holt como Terri Morales
- Matthew G. Taylor como Némese
- Zack Ward como Nicholai Ginovaeff
- Iain Glen como Doutor Sam Isaacs
- Dave Nichols como Capitán Henderson
- Stefen Hayes como Yuri Loginova
Notas
editar- ↑ "Resident Evil: Apocalypse na TVG". Diario Siglo XXI. 4 de xuño de 2010. Consultado o 18 de abril de 2013.[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)