Servizo Galego de Saúde , a enciclopedia libre

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) é o organismo da Xunta de Galicia que está a cargo da asistencia sanitaria pública.

Servizo Galego de Saúde

Tipoaxencia gobernamental Editar o valor en Wikidata
Parte deSistema Nacional de Saúde Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
MatrizXunta de Galicia Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1989 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Substitúe aInstituto Nacional de la Salud Editar o valor en Wikidata
Localización
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloSantiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBsergas.gal Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: sanidadexunta BNE: XX129258 Dialnet: 1231037 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Foi creado pola Lei 1/1989, ó transferirse as competencias en materia sanitaria por parte do Insalud.

Integra tódolos centros e servizos sanitarios da administración galega. É un organismo autónomo de carácter administrativo dependente da Consellería de Sanidade da Xunta.

Estrutura actual

editar

Estrutura dos servizos centrais

editar

Órganos centrais de dirección[1]. Que se dividen en órganos unipersoais e órganos colexiados:

Órganos unipersoais

editar
  • Presidencia: que exerce a persoa titular da conselleira de Sanidade.
  • Xerencia.
  • Tres Direccións xerais:
    • Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria: responsable da organización da asistencia sanitaria, da investigación e da coordinación co Ministerio e co resto dos servizos de saúde. Tamén é responsable do control dos convenios con entidades privadas.
    • Dirección Xeral de Recursos Económicos: responsable da elaboración e control dos orzamentos do Sergas, contabilidade e contratos que firman directamente os servizos centrais.
    • Dirección Xeral de Recursos Humanos: responsable do persoal do Sergas.

Órganos colexiados

editar

Os órganos colexiados de dirección son o consello de dirección e o comité executivo:

O Consello de Dirección é o órgano de administración do SERGAS e está integrado polos seguintes membros:

  • A persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, que exercerá a presidencia.
  • A persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, que exercerá a vicepresidencia e a coordinación do Consello.
  • A persoa titular da Vicexerencia do Servizo Galego de Saúde.
  • As persoas titulares das direccións xerais do Servizo Galego de Saúde.
  • As persoas titulares das xerencias das estruturas de xestión integrada.

O Comité Executivo do SERGAS está integrado polos seguintes membros:

  • A persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, que exercerá a presidencia.
  • A persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, que exercerá a vicepresidencia e a coordinación do Comité.
  • A persoa titular da Vicexerencia do Servizo Galego de Saúde.
  • As persoas titulares das direccións xerais do Servizo Galego de Saúde.

Organización territorial do SERGAS

editar

A distribución territorial do Sergas confórmase con 7 áreas sanitarias, que se dividen salvo no caso das áreas de Vigo e Ferrol en distritos:

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

editar

Abrangue, aproximadamente, as comarcas de Santiago, Barbanza, Ordes, Noia, Arzúa, Sar, Muros, Melide, Barcala e Deza e conta cos seguintes recursos:

Centros de Atención Especializada

editar
 
Hospital Psiquiátrico de Conxo.
 
Hospital Médico Cirúrxico de Conxo.
 
Hospital do Barbanza.
  • Hospital Clínico Universitario de Santiago
  • Hospital Gil Casares
  • Hospital Psiquiátrico de Conxo
  • Hospital Médico Cirúrxico de Conxo
  • Centro de Especialidades Ambulatorio Concepción Areal

No distrito de Barbanza:

  • Hospital de Barbanza

Centros de Atención Primaria

editar

Constituído por:

  • 75 centros de Atención Primaria.
  • 18 puntos de atención continuada (PAC)

Área Sanitaria de A Coruña

editar

A área sanitaria de A Coruña abrangue as comarcas de Fisterra, Terra de Soneira, Bergantiños, A Coruña e Betanzos[2].

 
Hospital A Coruña.
(Antigo Juan Canalejo).

Atención especializada

editar

Conta cos seguintes centros.[3]

Hospitais:

No distrito de Cee:

  • Hospital Nosa Señora da Xunqueira de Cee

Centros de especialidades:

  • Centro de Especialidades do Ventorrillo
  • Centro de Especialidades de Carballo
  • Centro de Especialidades de Betanzos

Atención primaria

editar
  • 71 centros de saúde.
  • 13 Puntos de Atención Continuada.

Área Sanitaria de Ferrol

editar
 
Hospital Arquitecto Marcide.

Abrangue as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Centros de atención especializada

editar

Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF)

Atención primaria

editar
  • 28 centros de saúde.

Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos[4]

editar

Esta área sanitaria abrangue a totalidade da provincia de Lugo.

 
Hospital Lucus Augusti.

Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

  • Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)
  • Hospital Xeral de Lugo (centro de día)
  • Hospital de Calde (psiquiátrico)
  • Hospital Provincial San José
  • Centro de Especialidades Praza do Ferrol

No distrito de Monforte:

No distrito de Burela:

Área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

editar

Esta área abrangue a totalidade da provincia de Ourense.

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO)

  • Hospital Nosa Señora do Cristal
  • Hospital Santa María Nai
  • Hospital Santo Cristo de Piñor
  • Hospital Materno-Infantil Infanta Elena.
  • Hospital Psiquiátrico Dr. Cabaleiro Goás
  • Centro de Especialidades Rúa do Concello

No distrito de Valdeorras:

No distrito de Verín:

Área sanitaria de Pontevedra e o Salnés

editar

Abrangue as comarcas de Pontevedra, Salnés, Caldas e os concellos de Forcarei, Marín e Bueu[5].

 
Hospital Montecelo (Pontevedra).

Atención especializada

editar

Hospitais:

En Vilagarcía de Arousa:

  • Hospital Público do Salnés.

Centros de especialidades:

  • Centro de Especialidades Mollavao (Pontevedra).

Atención primaria

editar
  • 40 centros de saúde.
  • 11 Puntos de atención continuada.

Área sanitaria de Vigo

editar
 
Hospital Álvaro Cunqueiro.

Esta área[6] abrangue o sur da provincia de Pontevedra, todo o que non está incluído na A.S. de Pontevedra-Salnés.

Atención especializada

editar

Hospitais:

 
POVISA.

Como caso único na estrutura do SERGAS, dispón tamén de convenio cun hospital privado[7]:

Un dispositivo que combina centro de saúde, PAC e centro de especializades:

  • Centro integral de saúde Taboada Leal

Atención primaria[8]

editar
  • 53 centros de saúde.
  • 10 Puntos de Atención Continuada.

Outros servizos

editar

Organismos adscritos

editar

Organizacións públicas adscritas:

  • Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
  • Galaria, Instituto Galego de Medicina Técnica (antigo Medtec).
  • Fundación Galega de Medicina Xenómica.
  • Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía.
  • Centro de Transfusión de Galicia.
  • 061: Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia.

Outros

editar

Outros hospitais privados con acordos puntuais co Sergas son:

  • Centro Médico El Carmen (Ourense).
  • Centro Oncolóxico de Galicia (A Coruña).
  • Instituto Médico-Cirúrgico San Rafael (A Coruña).
  • Hospital Cosaga (Ourense).
  • Hospital HM La Esperanza (Santiago de Compostela).
  • Hospital HM La Rosaleda (Santiago de Compostela).
  • Hospital HM Modelo (A Coruña)
  • Hospital Quirón Miguel Domínguez (Pontevedra).
  • Hospital Vithas Vigo.
  • Hospital QuirónSalud (Pontevedra).
  • Hospital QuirónSalud (A Coruña).
  • Hospital Xeneral Juan Cardona (Ferrol).
  • Policlínico de Lugo (Lugo).
  • Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar