Sartego dos esposos , a enciclopedia libre

O sartego dos esposos (en italiano: sarcofago degli sposi), de finais do século VI a. e. c., é unha urna funeraria etrusca antropoide. Ten 1,14 metros de alto por 1,9 metros de longo e está feito de terracota, estando pintado antigamente.[1] O sartego amosa unha parella casada reclinándose nun banquete na outra vida (nunha escena similar ás dos vasos gregos contemporáneos). Foi achado nunhas escavacións do século XIX na necrópole da Banditaccia de Cerveteri (a antiga Caere ).

Sartego dos esposos

Instancia desarcófago, obra escultórica e urna cinerária (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticogrupo escultórico e etruscos Editar o valor en Wikidata
CulturaEtruscos
Creadorvalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Material usadoTerracota
Datas
Data-530 - -510
Data de creacióndécada de 520 a. C. e 530 a. C. Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura1140 mm
Lonxitude1900 mm
Descuberta
Localización descubertaNecrópole de Banditaccia, Cerveteri
Data descuberta1881
Conservación
LocalizaciónMuseo Nacional Etrusco, Roma
ColecciónMuseo Nazionale Etrusco di Villa Giulia Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

As facianas riseiras, os ollos en forma de améndoa e o cabelo longo trenzado, do mesmo xeito que a forma dos pés da cama, revelan influencias gregas. O marcado contraste entre os bustos de altorrelevo e as pernas algo esmagadas é tipicamente etrusco. O interese do artista etrusco centrouse na metade superior das figuras, e especialmente nas faces vibrantes e brazos xesticulantes.

Esta obra atópase exhibida no Museo Nacional Etrusco de Villa Giulia. É moi similar ao sartego de Cerveteri, e posibelmente ambas as obras foron realizadas polo mesmo artista. As dúas retratan o afecto entre un home e unha muller.

  1. Kleiner, Fred S. (2010). A History of Roman Art, Enhanced Edition, p. xxxi. Wadsworth, Cenage Learning.

Bibliografía

editar
  • Barral i Altet, Xavier (1987). Historia Universal del Arte. Volume II. Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-8902-8.