Shutter Island , a enciclopedia libre
Shutter Island é un filme americano de intriga e suspense psicolóxico dirixido por Martin Scorsese. A película está baseada na novela do mesmo nome escrita por Dennis Lehane no 2003.
Shutter Island | |
---|---|
![]() | |
Tipo | filme ![]() |
Xénero artístico | filme de misterio, filme baseado nunha novela, cinema dramático, cinema policial de suspense, filme sobre crime, cinema de terror psicolóxico, Neo-noir, cinema de drama policial, filme de suspense, cinema de terror, cinema de suspense psicolóxico, cinema de drama psicolóxico, filme de acción e cinema de aventuras ![]() |
Lingua orixinal | lingua inglesa ![]() |
Autoría | |
Interpretado por | varios artistas ![]() |
Director/a | Martin Scorsese ![]() |
Compositor/a | Robbie Robertson ![]() |
Guionista | Laeta Kalogridis e Steven Knight ![]() |
Director/a fotografía | Robert Richardson ![]() |
Editor/a de cine | Thelma Schoonmaker ![]() |
Deseñador/a produción | Dante Ferretti ![]() |
Deseñador/a vestiario | Sandy Powell ![]() |
Actores | |
Temática | |
Tema principal | verdade ![]() |
Baseado en | Shutter Island (en) ![]() ![]() |
Inspirado na obra de | Dennis Lehane (pt) ![]() ![]() |
Publicación | |
Data publicación
| |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Produtor/a | Martin Scorsese e Mike Medavoy ![]() |
Produtor/a executivo | Laeta Kalogridis ![]() |
Compañía produtora | Paramount Pictures, Columbia Pictures e Phoenix Pictures ![]() |
Distribuidor/a | UIP-Dunafilm e Netflix ![]() |
Recadación | 294.800.000 $ e 128.012.934 $ ![]() |
Custo | 80.000.000 $ ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Puntuación crítica
| |
Dimensións | |
Duración | 2 horas e 19 minutos ![]() |
Premios | |
Fontes e ligazóns | |
Páxina WEB | shutterisland.com ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O filme está protagonizado por Leonardo DiCaprio, que interpreta a un policía de Boston enviado a un centro psiquiátrico, situado nunha pequena illa chamada Shuter Island, para investigar a estraña desaparición dunha perigosa paciente do hospital mental. A produción comezou en marzo do 2008 e fixouse o seu lanzamento para o 2 de outubro do 2010, pero a súa produtora, Paramount Pictures, adiantou esta data e, finalmente, foi estreada o 19 de febreiro do 2010 nos EUA e en Europa.
Está considerado un dos filmes co final máis confuso, e o que máis pescudas en liña xera.[1]
Sinopse
editarNo verán de 1954, os axentes federais Teddy Daniels (Leonardo DiCaprio) e Chuck Aule (Mark Ruffalo) son destinados a Ashecliffe, un perigoso hospital psiquiátrico situado nunha remota illa estadounidense chamada Shutter Island, para investigaren as estrañas circunstancias da desaparición dunha reclusa, Rachel Solando, que internara no centro mental despois de afogar os seus tres fillos. Por outra banda, o axente Daniels acepta o caso cun interese persoal, atopar a Andrew Laeddis; o asasino da súa muller, o cal, segundo soubera Daniels, se atopa interno nese mesmo centro.
Os dous axentes comezan a facer indagacións acerca de Rachel, sen contar coa axuda do doutor John Cawley, a cabeza visible da institución, que non parece moi disposto a colaborar con eles na investigación. Por este motivo, ambos axentes deciden marchar da illa debido á falta de axuda por parte dos máximo responsable do hospital. Pero, debido a unha forte tormenta na illa, os dous axentes vense na obriga de quedaren uns días máis. Os seguintes sucesos xirarán en torno á teoría de Daniels, na que sospeita que nese mesmo centro psiquiátrico se realizan crueis experimentos con reclusos. Pero, sen apenas descubrir o que ocorre nesa illa, o axente verase atrapado nun labirinto do que non lle será doado saír.
Personaxes
editar- Leonardo DiCaprio como Edward 'Teddy' Daniels
- Mark Ruffalo como Chuck Aule
- Ben Kingsley como Doutor John Cawley
- Max von Sydow como Doutor Jeremiah Naehring
- Michelle Williams como Dolores Chanal
- Emily Mortimer como Rachel Solando
- Patricia Clarkson como Doutora Rachel Solando
- Jackie Earle Haley como George Noyce
- Ted Levine como Warden
- John Carroll Lynch como Garda McPherson
- Elias Koteas como Andrew Laeddis
- Jill Larson como Muller vella
- Ken Cheeseman como Doutor 1
- Ruby Jerins como Rachel Laeddis
- Robin Bartlett como Bridget Kearns
- Matthew Cowles como Capitán do Transbordador
Notas
editar- ↑ SensaCine (2023-09-01). "El final de película que más búsquedas genera: más de 56.000 personas al mes y no es 'Origen'". SensaCine.com (en castelán). Consultado o 2023-09-01.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)