Signal Iduna Park , a enciclopedia libre
O Westfalenstadion, coñecido por motivos de patrocinio como Signal Iduna Park, é un estadio de fútbol situado na cidade de Dortmund, no estado federado de Renania do Norte-Westfalia, ao oeste de Alemaña. É a sede habitual do club de fútbol Borussia Dortmund. Coas súas torres de suspensión amarelas o estadio é un símbolo da cidade.
Signal Iduna Park | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Custo | 17.000.000 € ![]() | |||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | Borussia Dortmund ![]() | |||
Propietario/a | Westfalenstadion Dortmund | |||
Arquitecto/a | Planungsgruppe Drahtler | |||
Datas | ||||
Fundación | 1971 ![]() | |||
Inauguración | 2 de abril de 1974 | |||
Acontecementos | ||||
Mundial de Fútbol Alemaña 1974 | ||||
Mundial de Fútbol Alemaña 2006 ![]() | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 80.720 (nacional) 65.982 (internacional) | |||
Tipo superficie | Céspede | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Alemaña | |||
Estado federado | Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen | |||
Rexión administrativa | Rexión de Arnsberg | |||
Distrito urbano | Dortmund ![]() | |||
Localización | Dortmund, Alemaña | |||
Enderezo | Strobelallee 50, D-44139 Dortmund ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | signal-iduna-park.de ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Foi reconstruído para ser unha das subsedes da Copa Mundial de Fútbol de 2006 celebrada en Alemaña, converténdose entón no estadio de fútbol máis grande do país. Para este evento, o estadio levou temporalmente o nome de Estadio da Copa Mundial da FIFA de Dortmund, por razóns estipuladas no regulamento da FIFA. A arquitectura externa do Signal Iduna Park está composta de oito alicerces de suxeición amarelos de 62 metros de altura. O resto da estrutura é de aceiro.