Smaug , a enciclopedia libre

Smaug é un dragón que aparece no conto longo O Hobbit de J. R. R. Tolkien.

Smaug

TipoDragón, personaxe CGI, personaxe literario, personaxe cinematográfico e personaxe de videoxogo Editar o valor en Wikidata
Papelantagonista Editar o valor en Wikidata
Tipo personaxeVilán Editar o valor en Wikidata
Obra
Primeira apariciónO hobbit Editar o valor en Wikidata
Universo ficticiolegendarium de Tolkien Editar o valor en Wikidata
Creador/aJ. R. R. Tolkien Editar o valor en Wikidata
Inspirado enFafner, The Dragon (en) Traducir e The Song of Hiawatha (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Interpretado porBenedict Cumberbatch, James Horan, Francis de Wolff (pt) Traducir e Richard Boone (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actor/a de dobraxeJames Horan, Francis de Wolff (pt) Traducir e Richard Boone (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Biografía
Lugar de nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Data de nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Lugar de falecementoEsgaroth (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Circunstancias mortemorte en combate Editar o valor en Wikidata
Asasinado porBardo o Arqueiro Editar o valor en Wikidata
Sexomacho Editar o valor en Wikidata
Linguas faladasoestron Editar o valor en Wikidata
Personalidadearrogancia, cunning (en) Traducir e cobiza Editar o valor en Wikidata
Superpodervoo e cospe-fogo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Inimigo/aThorin Escudo de Carballo e Gandalf Editar o valor en Wikidata
ResidenciaErebor Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Traxectoria

editar

Era o último dos grandes dragóns que quedaban na Terra Media, quen ademais derrotou ós ananos da Montaña Solitaria, tomando o seu tesouro, que procurou resgardar ata a fin dos tempos.

Foi o dragón máis grande da Terceira Idade, era grande de cor vermella-dourada, con enormes ás de morcego e unha pel de impenetrables escamas de ferro. O seu único punto débil, o ventre, estaba case por completo protexido por un chaleco de pedras preciosas e ouro, incrustadas na súa pel tras xacer durante séculos sobre o tesouro do Reino Baixo a Montaña.

Dentro da aventura emprendida por Bilbo Bulseiro n'O Hobbit, Smaug convértese no último obstáculo que deberán superar para recuperar o magnífico tesouro pertencente a Thorin Escudo de Carballo, herdeiro do seu avó o Rei Baixo a Montaña, Thrór. O dragón Smaug o Dourado chegou desde as afastadas Montañas Grises, no norte da Terra Media, atraído polas inmensas riquezas que acumularan os ananos. Alí arrasou a cidade de Val, xunto á montaña e despois matou ou expulsou a tódolos ananos que se atopaban no interior da montaña. Durante dous séculos durmiu satisfeito sobre o seu tesouro no interior de Erebor ata que Bilbo e os ananos roubaron a chamada Pedra da Arca do seu tesouro, o que o enfureceu e o moveu a atacar de novo a cidade de Val. Bilbo e os ananos vense favorecidos tralo ataque emprendido por Bardo (que despois pasou a ser o primeiro rei de Val), quen remata por matar a Smaug cravándolle unha frecha negra na única parte do seu ventre núa de xoias.

Lagarto

editar

Baseándose no nome deste dragón déuselle nome científico a un xénero de lagartos africanos (ver Smaug (xénero)).