Sud Aviation , a enciclopedia libre

Sud Aviation foi un construtor aeronáutico francés nacido da fusión de Sud-Est (SNCASE ou Société nationale des constructions aéronautiques du sud-est) e Sud-Ouest (SNCASO ou Société nationale des constructions aéronautiques du sud-ouest) o 1 de marzo de 1957. Ámbalas dúas compañías naceran de pequenas corporacións privadas que foran nacionalizadas en seis grupos de deseño e fabricación xusto antes da segunda guerra mundial.

Sud Aviation


Tipofabricante aeroespacial e empresa estatal Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaempresa estatal Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aSociété Nationale de Constructions Aéronautiques du Sud-Est (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaindustria aeronáutica Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1 de marzo de 1957 Editar o valor en Wikidata
Disolución10 de xullo de 1970 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Substitúe aSociété Nationale de Constructions Aéronautiques du Sud-Est (pt) Traducir, Société Nationale de Constructions Aéronautiques du Sud-Ouest (pt) Traducir, Société d'étude et de réalisation d'engins balistiques (en) Traducir e SNCAO (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Substituído porAérospatiale Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísFrancia Editar o valor en Wikidata
SedeTolosa Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Dende 1960 a firma comezou o deseño dunha versión de transporte supersónico do Caravelle, coñecido como o Super-Caravelle. Porén, o custo do proxecto era tan elevado que Sud Aviation, coa dirección dos gobernos francés e británico, formou un consorcio con BAC en novembro de 1962 para fusionar os seus esfordos de deseño e fabricación para crear o Concorde.

A compañía deseñou helicópteros que serían fabricados en grandes cantidades, como o Alouette II (o primeiro helicóptero de produción impulsado por unha turbina de gas), o Puma e o Gazelle. En 1967 un acordo entre os gobernos francés e británico organizou a produción conxunta e a adquisición do Puma e o Gazelle, xunto co británico Westland Lynx.[1][2]

Sud Aviation fusionouse con Nord Aviation and Société d'études et de réalisation d'engins balistiques (SÉREB) en 1970 para formar Aérospatiale. A nova compañía formou varios consorcios internacionais a grande escala, como o formado con British Aerospace e Messerschmitt-Bölkow-Blohm para crear Airbus, e finalmente fusionouse na compaía aeroespacial europea EADS no ano 2000. En xaneiro de 2014 EADS foi reorgazizada como o Airbus Group.

Produtos

editar
 
Caravelle coas cores de Finnair no aeroporto de Estocolmo-Arlanda

Avións

editar

Helicópteros

editar
  1. "Helicopters (Anglo-French Agreement)". Hansard. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  2. "A Gyration of WG.13s". Flight International. Consultado o 30 de outubro de 2018.