Taras Schevchenko , a enciclopedia libre

Taras Hryhorovych Shevchenko (Тарас Григорович Шевченко), nado en 1814 e finado en 1861, foi un poeta e pintor ucraíno, fundador da literatura moderna ucraína e dun xeito máis amplo da Ucraína moderna.

Modelo:BiografíaTaras Schevchenko

(1859) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Тарас Григорьев сын Шевченко Editar o valor en Wikidata
9 de marzo de 1814 Editar o valor en Wikidata
Moryntsi, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de marzo de 1861 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteascite Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTaras Hill (en) Traducir (1861 (Xuliano)–)
cemiterio Smolensky (1861 (Xuliano)–1861 (Xuliano)) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo ucraíno Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Imperial das Artes (1838–1844) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, dramaturgo, etnógrafo, prosista, escritor, antropólogo, artista, poeta, filósofo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1832 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorImperial University of St. Vladimir (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJonas Rustemas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioТ. Ш.
К. Дармограй
Кобзарь Дармограй Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarSoldado raso Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisHryhoriy Ivanovych Shevchenko Editar o valor en Wikidata  e Kateryna Y. Boiko Editar o valor en Wikidata
IrmánsYosyp H. Shevchenko
Mykyta G. Shevchenko
Yaryna Boiko
Kateryna H. Krasytska Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
30 de maio de 1847-2 de agosto de 1857Recruta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Nordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шевченко Тарас Григорьевич) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0786227 Enciclopedia Galega Universal: 185699 BNE: XX846431 Musicbrainz: c98293c0-8a14-4228-9a79-a6b89088fd9c Discogs: 936204 IMSLP: Category:Shevchenko,_Taras WikiTree: Шевченко-47 Editar o valor en Wikidata
Taras Shevchenko, autorretrato 1847

Traxectoria

editar

Naceu no seo dunha familia de servos da vila de Morynzi, preto de Kíiv (entón parte de Rusia). Shevchenko quedou orfo aos 11 anos, como de neno amosaba talento para a pintura, acompañou ao seu amo, P. Engelhardt, ás viaxes a Vilnius e San Petersburgo, onde Shevchenko recibiu clases de pintura. Algúns pintures rusos recoñeceron o seu talento e tentaron obter a súa liberdade, que conseguiron en 1838 tras pagar 2500 rublos. Nese ano conseguiu ser aceptado na Academia de Artes no estudo de Karl Briullov. En 1840 publicou a súa primeira colección de poesía, Kobzar, aínda que viña escribindo dende a súa época de servidume. En 1841 apareceu o poema épico Haidamaky. En 1842 publicou unha parte da traxedia Nykyta Hayday e en 1843 completa o drama Nazar Stodolya. Logo do éxito desas obras Shevchenko viaxou por Ucraína e comprobou as duras condicións nas que vivían os seus compatriotas.

O 22 de marzo de 1845 a Academia de Artes concedeulle o título de artista e viaxou de novo á súa terra, onde entrou en contacto con membros da Irmandade dos Santos Cirilo e Metodio, unha sociedade secreta política que avogaba por amplas reformas no seo do Imperio Ruso. Detívose a Shevchenko con outros membros da irmandade o 5 de abril de 1847 tras a prohibición da sociedade, enviado a San Petersburgo e enviado ao exilio en Orenburg (Siberia) coa prohibición de escribir e pintar, tan só puido regresar en 1857, pero ao non poder asentarse en San Petersburgo estableceuse en Nizhnii Novgorod. En maio de 1859 obtivo permiso para ir a Ucraína, arrestado por blasfemia en xullo, ordenouselle vovear a San Petersburgo.

Taras Sevchenko pasou os útimos anos da súa vida escribindo poesía e pintando, pero tras os anos de exilio a súa saúde resentiuse e Shevchenko morreu o 10 de marzo de 1861.

A súa obra converteuse en cántigas populares que cantaba e canta o pobo ucraíno e deu pulo aos novos escritores en lingua ucraína, ata entón considerada por moitos un dialecto do ruso.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar