- Foi a derradeira tempada da División Medio Oeste na NBA (Minnesota Timberwolves sería o último campión), xa que ao ano seguinte se trocaría o formato en ambas as conferencias, aumentando o número de divisións a 3, tanto no Leste coma no Oeste.
- Houston Rockets xogou por primeira vez no seu novo pavillón, o Toyota Center.
- O All-Star Game da NBA de 2004 disputouse no Staples Center dos Ánxeles (California), con vitoria por 136-132 do Oeste. Shaquille O'Neal foi nomeado MVP do partido.
- Houston Rockets, Denver Nuggets, Orlando Magic e Cleveland Cavaliers estrearon novo uniforme.
- Antes do inicio da tempada, Karl Malone e Gary Payton accederon a rebaixaren os seus salarios para ficharen polos Lakers, compartindo vestiario coas estrelas Kobe Bryant e Shaquille O'Neal. O obxectivo dos veteranos xogadores de conseguiren por fin un anel fracasou, xa que perderon as Finais da NBA ante os Detroit Pistons por un claro 4-1.
- O "Big Three" dos Timberwolves formado por Kevin Garnett, Latrell Sprewell e Sam Cassell marabillou a NBA, atinxindo a mellor marca da Conferencia Oeste pero caendo eliminados polos Lakers nas Finais de Conferencia. Era a primeira vez que os Timberwolves pasaban da primeira rolda de playoffs.
- Foi unha das peores tempadas na historia da NBA en canto a anotacións se refire. Moitos equipos rexistraron as súas peores marcas en varias categorías de anotación.
- LeBron James (1ª elección, Cleveland), Carmelo Anthony (3ª elección, Denver), Chris Bosh (4ª elección, Toronto) e Dwyane Wade (5ª elección, Miami), xunto a outros, formaron un dos mellores drafts da historia. Anthony e Wade lideraron os seus equipos a playoffs, este último ata as Semifinais de Conferencia. James gañou o Rookie do ano da NBA.
- Tras oito tempadas negativas, Memphis Grizzlies conseguiu un balance de 50-32 e asegurouse a súa primeira participación en playoffs. Tamén foi a súa derradeira campaña no Pyramid Arena.
- Todos os equipos de Texas clasificáronse para os playoffs por primeira vez en 14 anos.
- Todos os equipos da División Medio Oeste finalizaron por enriba do 50% de vitorias, pero os Jazz non conseguiron praza de playoffs.
- Scottie Pippen regresou aos Chicago Bulls.
- División Atlántico
| - División Central
|
- División Medio-Oeste
| - División Pacífico
|
- Conferencia Leste
| - Conferencia Oeste
|
- Primeiro quinteto defensivo
| - Segundo quinteto defensivo
|
- Primeiro quinteto de Rookies
| - Segundo quinteto de Rookies
|
Mes | Conferencia Leste | Conferencia Oeste |
1Outubro – novembro | Davis, BaronBaron Davis (New Orleans Hornets) (1/1) | Stojaković, PejaPeja Stojaković (Sacramento Kings) (1/1) |
2Decembro | O'Neal, JermaineJermaine O'Neal (Indiana Pacers) (1/1) | Garnett, KevinKevin Garnett (Minnesota Timberwolves) (1/4) |
3Xaneiro | Redd, MichaelMichael Redd (Milwaukee Bucks) (1/1) | Garnett, KevinKevin Garnett (Minnesota Timberwolves) (2/4) |
4Febreiro | Martin, KenyonKenyon Martin (New Jersey Nets) (1/1) | Garnett, KevinKevin Garnett (Minnesota Timberwolves) (3/4) |
5Marzo | Odom, LamarLamar Odom (Miami Heat) (1/1) | Bryant, KobeKobe Bryant (Los Angeles Lakers) (1/1) |
6Abril | Magloire, JamaalJamaal Magloire (New Orleans Hornets) (1/1) | Garnett, KevinKevin Garnett (Minnesota Timberwolves) (4/4) |
Mes | Conferencia Leste | Conferencia Oeste |
1Outubro – novembro | James, LeBronLeBron James (Cleveland Cavaliers) (1/6) | Anthony, CarmeloCarmelo Anthony (Denver Nuggets) (1/6) |
2Decembro | James, LeBronLeBron James (Cleveland Cavaliers) (2/6) | Anthony, CarmeloCarmelo Anthony (Denver Nuggets) (2/6) |
3Xaneiro | James, LeBronLeBron James (Cleveland Cavaliers) (3/6) | Anthony, CarmeloCarmelo Anthony (Denver Nuggets) (3/6) |
4Febreiro | James, LeBronLeBron James (Cleveland Cavaliers) (4/6) | Anthony, CarmeloCarmelo Anthony (Denver Nuggets) (4/6) |
5Marzo | James, LeBronLeBron James (Cleveland Cavaliers) (5/6) | Anthony, CarmeloCarmelo Anthony (Denver Nuggets) (5/6) |
6Abril | James, LeBronLeBron James (Cleveland Cavaliers) (6/6) | Anthony, CarmeloCarmelo Anthony (Denver Nuggets) (6/6) |
Mes | Conferencia Leste | Conferencia Oeste |
1Outubro – novembro | Carlisle, RickRick Carlisle (Indiana Pacers) (1/1) | Jackson, PhilPhil Jackson (Los Angeles Lakers) (1/1) |
2Decembro | Scott, ByronByron Scott (New Jersey Nets) (1/1) | Popovich, GreggGregg Popovich (San Antonio Spurs) (1/1) |
3Xaneiro | Brown, LarryLarry Brown (Detroit Pistons) (1/2) | Adelman, RickRick Adelman (Sacramento Kings) (1/1) |
4Febreiro | Frank, LawrenceLawrence Frank (New Jersey Nets) (1/1) | Brown, HubieHubie Brown (Memphis Grizzlies) (1/2) |
5Marzo | Van Gundy, StanStan Van Gundy (Miami Heat) (1/1) | Brown, HubieHubie Brown (Memphis Grizzlies) (2/2) |
5Abril | Brown, LarryLarry Brown (Detroit Pistons) (2/2) | Saunders, FlipFlip Saunders (Minnesota Timberwolves) (1/1) |