Tomahawk (machada) , a enciclopedia libre
Un tomahawk (tamén chamado hawk) é un tipo de machada orixinaria de Norte América, tradicionalmente de mango estreito e recto. O nome provén da lingua inglesa no século XVII como unha adaptación da palabra dos powhatan (Algonquinos de Virxinia).
Tomahawk (machada) | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | familia de armas ![]() |
Subclase de | machada de guerra e arma ![]() |
Uso | arma branca e decoración ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |


Os tomahawks eran ferramentas de uso xeral empregadas por amerindios e colonos europeos, e eran usadas a miúdo como arma para a loita de man a man e como arma arroxadiza. As cabezas de metal dos tomahawk baseáronse nas machadas da Royal Navy e foron produto de troco cos nativos americanos para obter comida e outras provisións.
O mango dun tomahawk mide usualmente uns 60 centímetros, tradicionalmente feito de madeira de carballo. A cabeza pesaba entre 250 gramos e un quilo, cun gume cortante duns 10 centímetros. A cabeza podía ser como un pequeno martelo, ter un garfo pola parte posterior ou estar redondeada, e usualmente non tiña punta na parte superior. A cabeza dos tomahawks era xeralmente feitas de pedra puída ou óso. Algúns exemplares ornamentados con gravados eran usados en rituais, e adoitaban ter un orificio na cabeza, que se prolongaba a través do mango, para fumar tabaco a través do tomahawk. Hai tamén exemplares con cabeza metálica destas infrecuentes pipas. As pipas-tomahawk eran poderosos símbolos nos encontros entre europeos e americanos: un extremo era a pipa da paz. O outro, a machada da guerra.
Galería de imaxes
editar- O síux Afraid of Hawk sostendo un tomahawk.
- O xefe mohicano Etow Oh Koam (século XVIII) sostendo un tomahawk tradicional de madeira.
- Low Dog cun tomahawk (vers 1881-1885).
- Amerindios do sueste de Idaho cun tomahawk (Benedicte Wrensted, 1897).