Universal Studios , a enciclopedia libre

Universal Studios Inc. (tamén coñecido como Universal Pictures), é un estudio de cine estadounidense propiedade de Comcast a través da subsidiaria NBCUniversal,[1] e é un dos grandes estudios de Hollywood. A sede atópase en 100 Universal City Plaza Drive de Universal City, California. As oficinas corporativas e de distribución están na cidade de Nova York. Universal Studios é membro de Motion Picture Association of America (MPAA). Universal foi fundada en 1912 por Carl Laemmle, Mark Dintenfass, Charles O. Baumann, Adam Kessel, Pat Powers, William Swanson, David Horsley e Jules Brulatour. É o terceiro estudio de cine máis antigo do mundo, por detrás dos franceses Gaumont Film Company e Pathé. Tres dos filmes de Universal Studios, Tiburón (1975), E.T. the Extra-Terrestrial (1982) e Parque Xurásico (1993) (todos eles dirixidos por Steven Spielberg) conseguiron récords de recadación, converténdose cada un deles no filme con maior recadación do seu tempo.

Universal Studios


Instancia deempresa produtora de cinema e estudio de cinema Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicasociedade por accións Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aComcast Editar o valor en Wikidata
Fundador/aCarl Laemmle, Pat Powers, Jules Brulatour, David Horsley e Charles Baumann Editar o valor en Wikidata
MatrizNBCUniversal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaprodución de cinema Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación30 de abril de 1912 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
SedeUniversal City e Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBuniversalpictures.com Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: co0005073 Facebook: universalpictures Twitter: UniversalPics Instagram: universalpictures Youtube: UCq0OueAsdxH6b8nyAspwViw TikTok: universalpics Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]
Entrada a Universal Studios en Hollywood.