Val do Ulla , a enciclopedia libre
O Val do Ulla, tamén coñecido como comarca do Ulla, é unha comarca natural situada entre as provincias da Coruña e Pontevedra. Forman parte do val os municipios da Estrada, Teo, Vedra e Boqueixón divididos entre eles polo río Ulla que fai a súa vez de fronteira natural e é o principal nervio articulador. En ocasións faise referencia a unha división desta comarca en: Ulla Alta e Ulla Baixa. A primeira empezaría en Ponteledesma e Gres e acabaría no estreito do Gundián, mentres que a segunda empezaría aí e remataría en Xirimbao.[1] A comarca da Ulla recibiu o nome de «horta e xardín de Compostela» polo escritor Ramón Otero Pedrayo, que tamén considerou as principais parroquias que forman parte do mesmo a: Arnois, Oca, Berres, Ribeira, Cora, Vea, Barcala, San Mamede de Ribadulla, Santa Cruz de Ribadulla, San Miguel de Sarandón, San Pedro de Sarandón, Teo e Carcacía.
Tipo | val ![]() | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
División administrativa | provincia da Coruña, España e provincia de Pontevedra, España ![]() | ||

Cultura e gastronomía
editarNa comarca do Ulla ten grande importancia a festividade do entroido xa que conta cos Xenerais do Ulla, un dos elementos da festa galega máis singulares. Destaca tamén a gastronomía en especial os seus viños e a súa arquitectura onde sobresaen os pazos.
O val conta coa Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Ribeira do Ulla. Dende principios do século XXI aumentouse a plantación de viñas coa chegada de diferentes adegas e empresas relacionadas.
A zona da Ulla cobrou fama popular, xa no sécilo XIX, polas habituais pelexas entre os máis xoves, especialmente os días de festa e verbenas. Proba disto son as diferentes crónicas dos xornais locais da época que contan estes feitos. Na novela Memorias dun neno labrego (1961) o escrito Xosé Neira Vilas menciona estas pelexas cando fai referencia á parroquia de Sarandón da seguinte maneira: «Disque en Sarandón e máis na Ulla arman cada estangurriada que dá xenio».[2]
Na literatura
editar«El hermoso país ullán forma por su riqueza y admirable composición de los elementos del paisaje, por sus monumentos y recuerdos, una región interesantísima, que por su relación con Santiago, debe ser considerada como el jardín de la ciudad apostólica. (…) El surco del valle ullán, especialmente en Ponte Ulla, compendia los temas esenciales del paisaje de la Galicia Occidental.»
Notas
editar- ↑ As Pontes do Río Ulla. Asociación Raiceiros / Andavira Editora. 2013. p. 89. ISBN 978-84-8408-729-8.
- ↑ Neira Pereira, Henrique; Neira Pereira, Xerardo (2014). Sarandón: anacos de historia. Andavia Editora. ISBN 978-84-8408-783-0.
- ↑ "En el Val do Ulla, un gran diferencial del mapa de Galicia" (en castelán). 2-8-2012. Consultado o 25-1-2025.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Val do Ulla |