Vardo Rumessen , a enciclopedia libre
Vardo Rumessen, nado en Pärnu o 8 de agosto de 1942 e finado o 25 de agosto de 2015, foi un pianista, musicólogo e político estoniano, sobre todo recoñecido polo seu traballo coa música de Eduard Tubin[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1942 ![]() Pärnu, Estonia ![]() |
Morte | 25 de agosto de 2015 ![]() |
Lugar de sepultura | Metsakalmistu ![]() |
Deputado do Riigikogu | |
Lexislatura: 7th Riigikogu (en) ![]() | |
Deputado do Riigikogu | |
Lexislatura: 9th Riigikogu (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Academia de Música e Teatro de Estonia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pianista, político ![]() |
Partido político | Estonian National Independence Party (en) ![]() ![]() |
Instrumento | Piano ![]() |
Sitio web | vardorumessen.ee ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarRumessen naceu nunha familia de músicos, seu pai Voldemar Rumessen era director de orquestra e profesor de música, e súa nai, Velda Rumessen era cantante de ópera. Estudou piano no Conservatorio de Tallin e a partir de 1969 comezou a dar clases alí. En 1973 traballou como editor musical da Eesti Radio. Intérprete de clásicos como Johann Sebastian Bach, Frederic Chopin ou Serguéi Rakhmáninov, tamén redescubriu numerosos compositores estonianos, como editor das súas composicións e como intérprete, publicando máis de 120 cadernos e libros de partituras[2]. Gravou 20 vinilos e 25 CD con interpretacións de Bach, Chopin, Rakhmáninov, Eduard Tubin, Alexander Scriabin ou Mart Saar entre outros moitos compositores.
Firme partidario da independencia estoniana, membro da organización Comités de Cidadáns Estonianos (1989-1990) que buscaba restaurar a legalidade da República de Estonia na entón república soviética, ao tempo que militaba no Partido da Independencia Nacional Estoniana, foi delegado no Congreso de Estonia de 1990, unha iniciativa cidadá para restaurar un parlamento estoniano libre e membro do seu órgano permanente, o Comité Estoniano (1990-1992). En 1995 entrou no partido Unión a prol da Patria. Foi deputado no Riigikogu entre 1992 e 1995 e novamente en 1999-2003.
Notas
editar- ↑ "Suri pianist, muusikateadlane ja poliitik Vardo Rumessen". Delfi. 25 de agosto 2015.
- ↑ "Suri pianist, muusikateadlane ja poliitik Vardo Rumessen", Kultuur, 25 de agosto de 2015