Vasculite , a enciclopedia libre
O termo vasculite adóitase empregar en medicina para se referir ás síndromes e doenzas que cursan coa inflamación dos vasos sanguíneos. Pode afectar a case calquera vaso sanguíneo da práctica totalidade de todos os órganos do corpo.
Vasculite | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | clase de doenza e sinal de síntoma ![]() |
Subclase de | doenza vascular, angiitis (en) ![]() ![]() ![]() |
Localización anatómica | vaso sanguíneo ![]() |
Síntomas | inflamación ![]() |
Localización anatómica | vaso sanguíneo ![]() |
Especialidade médica | inmunoloxía, anxioloxía e reumatoloxía ![]() |
Fármacos usados de tratamento
| |
Identificadores | |
MeSH | D014657 ![]() |
Thesaurus do NCI | C26912 ![]() |
DiseasesDB | 13750 ![]() |
![]() |

Patoxenia
editarO dous mecanismos máis coñecidos polos que se produce unha vasculite son:
- Inflamación de orixe inmunitaria;
- Mediadas polo sistema do complemento
- Mediadas por anticorpos (síndrome de Goodpasture)
- Mediadas por inmunidade celular
- Invasión directa das paredes vasculares por axentes patóxenos;
Cadro clínico
editarAs vasculites amosan unha gran variedade de manifestacións clínicas acompañadas de signos e síntomas xerais, entre eles, febre, mialxias, artralxias e malestar xeral.
Clasificación
editarA clasificación máis adoito empregada responde ao tamaño dos vasos afectos. Así pois, temos:
- Vasculite de grandes vasos:
- Arterite de células xigantes (Arterite da temporal)
- Arterite de Takayasu
- Vasculite de vasos medios:
- Vasculite de vasos pequenos:
- Por mor da presenza de ANCA (Anti-neutrophil cytoplasmic antibodies)s:
- Polianxeíte microscópica
- Granulomatose de Wegener
- Síndrome de Churg-Strauss
- Vasculite ANCA positiva por mor de drogas
- Por mor da presenza de inmunocomplexos:
- Outras vasculites de vasos pequenos