Vea subclavia , a enciclopedia libre
A vea subclavia é unha vea do membro superior humano, pertencente á parte fonda da drenaxe venosa do membro superior. É a continuación da vea axilar, que ao pasar a primeira costela cambia de denominación para chamarse subclavia. Dende aquí diríxese cara ao tórax, ata a parte final da costela, xunto ao esterno. Neste punto únese coa vea xugular interna para formaren o troncos venosos braquiocefálicos ou vea braquiocefálica ou vea innominada.
Vea subclavia | |
---|---|
vena subclavia ![]() | |
![]() | |
Instancia de | vea e clase de entidade anatómica ![]() |
Subclase de | subdivisión de vea branquiocefálica e entidade anatómica particular ![]() |
Ten rama anatómica | vea axilar ![]() |
Conéctase con | ángulo venoso e vea axilar ![]() |
Irrigado por | arteria subclavia ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
Identificadores | |
MeSH | D013350 ![]() |
Thesaurus do NCI | C12794 ![]() |
Terminologia Anatomica 98 | A12.3.08.002 |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A vea subclavia ten por diante a clavícula e o músculo subclavio. Por enriba e por detrás ten a arteria subclavia, entre as cales se dispoñen o músculo escaleno e o nervio frénico.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.