Verve Records , a enciclopedia libre
Verve Records é unha discográfica americana especializada en jazz, fundada por Norman Granz en 1956 absorbeu os catálogos de Norgran Records e Clef Records.
Verve Records | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | selo discográfico ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Fundador/a | Norman Granz ![]() | ||
Matriz | Universal Music Group ![]() | ||
Actividade | |||
Industria | Indústria fonográfica (pt) ![]() ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1956 ![]() | ||
Localización | |||
País | Estados Unidos de América ![]() | ||
Sede | Santa Monica ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | vervemusicgroup.com ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Historia
editarO catálogo de Verve medrou ó longo dos anos 50 e dos anos 60 para incluír a maioría das figuras principais do jazz, aínda que Granz tendeu a gravar artistas xa establecidos, por veces en declive, máis que buscar talentos novos. Tamén recoñeceu o potencial dos álbums da comedia, producindo o primeiro LP de Spike Jones, Dinner Music For People Who Aren't Very Hungry, en 1956 e varios álbums éxitos de venda que ofrecían actuacións en directo de Shelley Berman a comezos dos 60. Granz vendeu Verve a MGM en 1961 por 3 millóns de dólares. Creed Taylor converteuse no novo produtor, levando a bossa nova ós Estados Unidos. En 1967 Creed deixou Verve, e as novas gravacións comezaron a declinar e cesarían en conxunto nos anos 70. Nos mediados dos anos oitenta comezou unha nova política que promocionaba novos lanzamentos, aínda que sempre dando preferencia á reedición do seu catálogo. Nos anos 70 pasou a formar parte de PolyGram, incorporando o catálogo do jazz de Mercury/EmArcy, que Phillips, os donos de parte de PolyGram adquiriran anteriormente. Verve Records transformouse en Verve Music despois de que PolyGram se unira ó Universal Music Group de Seagram en 1998.