Vishnu , a enciclopedia libre

Vishnu[1], Visnú[2] ou Vixnu[3] en sánskrito Viṣṇu - tamén denominado Hari, é un deus hindú, asociado á conservación e á protección. É o segundo deus da trimurti (tres formas, ás veces traducido inexactamente como trindade hindú), con Brahma e Shiva. É unha divindade de vida-morte-resurrección.

Vishnu

Tipodeidade hindú e personaxe lendario Editar o valor en Wikidata
Venerado porhinduísmo Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoSudarshana Chakra (pt) Traducir, shankha (en) Traducir, Kaumodaki (en) Traducir e Padma (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deTrimurti Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLakshmi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fillo/aKamadeva (pt) Traducir, Ayyappan (en) Traducir, Devasena (pt) Traducir, Valli (en) Traducir e Mangala (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]
Vishnu cos seus atributos
Representación de Vishnu na arte Pahari, sentado en posición de meditación sobre unha flor de loto, cos seus atributos.

Características

editar
 
Vishnu explícalle a Arjuna os seus doce avatares.

A trimurti representa o ciclo vital:

  • Brahma é o creador;
  • Vishnú é o protector;
  • Shiva é o destrutor.


Vishnu represéntase a miúdo sentado ou repousando sobre un loto. A súa esposa é Lakshmi, a deusa da riqueza e da boa fortuna, a súa montura Garuda, a aguia. Vishnu, con axuda dos rishis, negociou a tregua entre Vritra e Indra.

A Terra, Bhūmi ou Bhû Devi, é tamén, ás veces, considerada como súa esposa. Vishnu salvouna, de feito, das augas so a forma do seu avatar Varâha. Os seus lazos matrimoniais ligan a deidade coa realeza, a Terra (Bhūmi) e a fortuna (Lakshmi), sendo os dous principios unidos ao rei. En efecto, un dos termos para designar o rei en sánscrito é bhūpati, que pode significar "amo" ou "esposo" da Terra, sendo o termo pati ambivalente. A mitra, da que está toucado, confirma esta función real e demostra que no hinduísmo posvédico, mesmo se Indra posúe sempre o título de rei dos deuses, é Vishnu de feito quen opera con esa función. Esta preeminencia está, por outra banda, confirmada por numerosos mitos, nos que Vishnu ou un dos seus avatares humilla a Indra. Como especialmente acontece no episodio de Krishna levantando o monte Govardhana.

Adoración

editar
 
Templo Birla Mandir, dedicado a Vishnu, en Hyderabad.

A adoración a Vishnu e os seus dez avatares principais, como Rama, Krishna, Ranganatha etc., simboliza a preservación e protección do universo. Vishnu recibe veneración en numerosos templos na India como no sueste asiático, como o Birla Mandir, e estruturas arquitectónicas que lle son dedicadas, como as torres Prang, inspiradas no monte Meru.[4]

Influencia cultural e relixiosa

editar

A influencia de Vishnu esténdese alén da India, deixando unha pegada en culturas do sueste asiático. O Angkor Wat en Camboxa, inicialmente dedicado a Vishnu, é un exemplo de sincretismo co budismo.[5] En Bali, a veneración a Vishnu dentro do contexto do hinduísmo balinés, que mestura elementos hindús, budistas e animistas, reflicte tamén esta interacción cultural.[6]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trimurti.
  2. "Visnú". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2188. 
  3. "vaisnava". Dicionário Estraviz. 
  4. Cruzito (2020-08-09). "▷ Arquitectura asiática: 5000 años de historia en bellas obras". Uso Arquitectura (en castelán). Consultado o 2024-04-07. 
  5. Higham, Charles (2001). The civilization of Angkor. Berkeley: University of California Press. ISBN 978-0-520-23442-0. 
  6. Eiseman, Fred B. (1989). Bali, sekala and niskala. Berkeley, Calif. : Periplus Editions. ISBN 978-0-945971-03-0. 

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.