Vitrasa , a enciclopedia libre

Viguesa de Transportes S. L. (Vitrasa), é unha empresa de transportes viguesa, responsable do transporte público urbano nesa cidade en réxime de concesión municipal desde 1968. Actualmente mudou o seu nome a Urbanos de Vigo S.L, aínda que o seu nome comercial continúa sendo VITRASA.

Viguesa de Transportes S.L.

Autobús de Vitrasa, da liña C2, circulando pola Praza de España
TipoEmpresa privada
Fundación1968
MatrizAvanza Grupo
LocalizaciónVigo
IndustriaTransporte público urbano
Na rede
vitrasa.es… Editar o valor en Wikidata
Facebook: vitrasa Twitter: vitrasavigo Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ademais explota en réxime de concesión autonómica, unha liña, entre o Alto da Encarnación e Vigo, (liña C3) unindo o concello de Vigo co de Redondela.

En 2007 contaba cunha frota de 118 autocares, cubrindo un total de 35 liñas. Debido ás cláusulas da concesión para a explotación do servizo, Vitrasa non pode aumentar o tamaño da súa frota dedicada ó transporte urbano de pasaxeiros.

No ano 2006 transportou 22,5 millóns de pasaxeiros, o que supuxo un aumento dun 4% respecto ó ano anterior, supoñendo o cuarto ano consecutivo que rexistraba un aumento de viaxeiros.

Nese ano a media de viaxeiros de Vitrasa situábase nuns 80.000 usuarios diarios, sendo a liña Circular Centro a máis utilizada, cunha media de 5.500 usuarios. Nese mesmo período os autocares de toda a rede percorreron entre 23.000 e 24.000 quilómetros, realizando aproximadamente uns 7 millóns de viaxes.

Vitrasa foi creada como sociedade anónima, en maio de 1968, logo de resultar adxudicataria da concesión municipal do transporte público urbano.

Ese mesmo ano, en xullo, presentou os seus primeiros autocares ó público, nun acto celebrado na explanada fronte ó Real Club Náutico de Vigo. Eran trinta autocares e dous microbuses, de cor azul, que daban servizo en 16 liñas.

En decembro de 1994, finalizada a concesión municipal, convocouse un novo concurso, resultando novamente adxudicataria Vitrasa, por un período de 25 anos.

Unha das condicións desta nova concesión foi o cambio da cor dos autocares, da vermella que tiña desde 1986, á verde e branca que levan desde entón.

En 2001 empezou unha remodelación da rede, buscando potenciar as liñas circulares e a implantación dun "billete de transbordo" entre diferentes liñas para completar a viaxe.

En marzo de 2002, xunto coas sociedades Tuzsa (que explota o servizo de transporte urbano de Zaragoza) e Auto Res (sociedade de transporte de viaxeiros por estrada), creou o consorcio Avanza Grupo, co obxectivo de competir no sector de transportes a nivel estatal, converténdose no segundo operador de transportes por estrada no momento da súa creación, tralo grupo Alsa.

Listaxe de liñas

editar
 
Autocar de Vitrasa, da liña C3, circulando por Chapela, Redondela.

Tarifas 2019

editar
  • Tarifa ordinaria: 1,35 €
  • Tarxeta de transporte:
  • Normal: 0,89 €
  • Estudante: 0,86 €
  • Universitario: 0,67 €
  • Pensionista I: de balde
  • Pensionista II: de balde
  • Social: 0,69 €
  • PMR en cadeira de rodas e acompañante: de balde

Todos os prezos inclúen o IVE e o SOV (Seguro Obrigatorio do Viaxeiro).

O transbordo permite combinar dúas liñas de transporte, permitindo ao usuario unir dous puntos da cidade que non teñan comunicación directa. É un servizo de balde.

Só pode realizarse mediante o uso da tarxeta de transporte (PASSVigo).

Unha vez validada a primeira viaxe, disponse de 45 minutos para realizar, como máximo, 2 transbordos a outras liñas.

O transbordo só é válido cando o cambio é a unha liña de distinta numeración ca a de orixe. No caso de realizar 2 transbordos, as 3 liñas deben ser diferentes.

A tarxeta de transporte tamén se poderá utilizar como medio de pago do estacionamento limitado de Vigo (O.R.A), para o acceso a instalacións deportivas municipais, museos, empréstito de libros en bibliotecas, adquisición de entradas para concertos, e como medio de identificación para acceder aos servizos da Carpeta Cidadá como o rexistro electrónico, trámites online, notificacións electrónicas, consulta de solicitudes, padrón de habitantes, recibos, multas, ...

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar