Vox , a enciclopedia libre
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Vox (latín: Voz) é un partido político español conservador. Foi fundado en decembro de 2013 coa intención de presentar candidatura nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014,[1] o seu presidente é Santiago Abascal e o seu secretario xeral é Ignacio Garriga. É considerado por moitos como unha formación de ultradereita,[2] aínda que tamén foi situado por algúns medios na dereita do espectro político.
Vox | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | partido político español e partido político ![]() | |||
Parte de | Patriotas pela Europa (pt) ![]() ![]() | |||
Ideoloxía política | nacionalismo español, liberalismo económico, conservadorismo nacionalista, centralismo, unionismo espanhol (pt) ![]() ![]() | |||
Posición política | ultradereita e dereita política ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Fundador/a | José Antonio Ortega Lara, José Luis González Quirós, Santiago Abascal e Ignacio Camuñas Solís ![]() | |||
Presidente/a
| ||||
Secretario/a
| ||||
Membro de | ||||
Escanos | ||||
3 Senado de España (1 de abril de 2025) 6 Parlamento Europeo (9 de abril de 2025) 33 Congreso dos Deputados de España (1 de abril de 2025) ![]() | ||||
Data | ||||
Fundación | 14 de decembro de 2013 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | España ![]() | |||
Sede | Calle del Bambú, Madrid (en) ![]() ![]() | |||
Ligazóns | ||||
Páxina WEB | voxespana.es ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Naceu grazas ó pulo de antigos militantes do Partido Popular;[3] entre eles Santiago Abascal Conde, José Antonio Ortega Lara, José Luis González Quirós, Enrique Álvarez, Cristina Seguí, Ana Velasco Vidal-Abarca, Ignacio Camuñas Solís, Iván Espinosa de los Monteros e María Jesús Prieto-Laffargue.[4]
Ideoloxía
editarNo seu manifesto fundacional, o partido defende a necesidade de rexeneración política do Estado constitucional e expón como principios inspiradores do partido a indisoluble unidade da Nación española, a reforma do Estado das autonomías e a recentralización do Estado, o fomento da separación de poderes e a independencia da xustiza, o impulso dunha nova lei de partidos e unha nova lei electoral, a mellora do papel internacional de España e a reforma da lei do aborto, entre outros.[5][6]
Na súa mensaxe, Vox incluíu elementos islamófobos,[7] reivindicación de valores tradicionais como a caza e a tauromaquia,[8] nacionalismo centralista, rexeitamento do aborto e propostas económicas liberais, en contraste neste último aspecto coas posicións máis estadistas de partidos nórdicos de dereita coma os Verdadeiros Finlandeses ou o Partido Popular Danés.[9]
Resultados electorais
editarEleccións xerais
editarComicios | Cabeza de lista | votos | % de votos | Deputados | Senadores | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|
2015 | Santiago Abascal | 58 114 | 0,23% | 0 / 350 | 0 / 208 | Primeira participación |
2016 | Santiago Abascal | 47 182 | 0,20% | 0 / 350 | 0 / 208 | |
abril de 2019 | Santiago Abascal | 2 664 325 | 10,26% | 24 / 350 | 0 / 208 | |
novembro de 2019 | Santiago Abascal | 3 656 979 | 15,09% | 52 / 350 | 2 / 208 |
Eleccións ao Parlamento Europeo
editarComicios | Cabeza de lista | votos | % de votos | Deputados | Notas |
---|---|---|---|---|---|
2014 | Alejo Vidal-Quadras | 244 929 | 1,56% | 0 / 54 | Primeira participación. |
Eleccións autonómicas
editarParlamento de Andalucía
editarComicios | Cabeza de lista | votos | % de votos | Deputados | Notas |
---|---|---|---|---|---|
2015 | Francisco Serrano Castro | 18 422 | 0,46% | 0 / 109 | Primeira participación. |
2018 | Francisco Serrano Castro | 395 978 | 10,97% | 12 / 109 |
Parlamento Vasco
editarComicios | Cabeza de lista | votos | % de votos | Deputados | Notas |
---|---|---|---|---|---|
2016 | Francisco Serrano Castro | 774 | 0,07% | 0 / 75 | Primeira participación. |
Notas
editar- ↑ "Nace el partido Vox con la intención de quitarle al PP el espacio del centro-derecha" Arquivado 18 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., Vozpópuli, 16 de xaneiro de 2014.
- ↑ Algúns medios que identifican a Vox como ultradereita son El Confidencial, elDiario.es, Público, El Mundo ou Deutsche Welle, entre outros.
- ↑ "Vox, el nuevo partido de Ortega Lara, aboga por fortalecer el papel del Rey, la familia y el centralismo en España", 'Diario Crítico', 16 de xaneiro de 2014.
- ↑ "«Vox nace en respuesta a un sentimiento de orfandad política en el centro derecha»", 'ABC', 16 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Las diez claves de Vox"
- ↑ "Manifesto Fundacional de Vox". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2014.
- ↑ González Enríquez, Carmen (2017). La excepción española: el fracaso de los grupos de derecha populista pese al paro, la desigualdad y la inmigración (en castelán). Real Instituto Elcano.
- ↑ "Il boom di Vox: chi è e cosa pensa l'estrema destra spagnola" (en italiano).
- ↑ "¿Tiene Vox espacio en la competición política española?". Agenda Pública (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web (en castelán)