X-Men Evolution , a enciclopedia libre
X-Men: Evolution é unha serie animada baseada nos X-Men, estreada en novembro do 2000. O seu lanzamento é contemporáneo á película X-Men, e reformula en gran medida a concepción tradicional do grupo, xa que moitos das súas personaxes son redeseñadas coma adolescentes que van ao colexio. A serie foi emitida no Xabarín Club, programa infantil galego.
X-Men Evolution | |
---|---|
![]() | |
Tipo | serie de televisión de animación ![]() |
Xénero artístico | telecomedia ![]() |
Lingua orixinal | lingua inglesa ![]() |
Autoría | |
Creador/a | Stan Lee ![]() |
Temática | |
Ambientado en | Bayville ![]() |
Baseado en | X-Men ![]() |
Universo ficticio | Terra-11052 ![]() |
Publicación | |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Produtor/a | Avi Arad ![]() |
Compañía produtora | Film Roman e Marvel Entertainment ![]() |
Distribuidor/a | Warner Bros. Television Studios e Disney+ ![]() |
Emisora orixinal | The WB ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Datas | |
Comezo | 4 de novembro de 2000 ![]() |
Remate | 25 de outubro de 2003 ![]() |
Cronoloxía | |
Dimensións | |
Duración | 22 minutos ![]() |
Episodios | 52 ![]() |
Tempadas | 4 ![]() |
Composto por | |
Contacto | |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Historia
editarPrimeira Tempada
editarAo comezar a serie os únicos mutantes no instituto Xavier son o propio Charles Xavier, Lobeto, Tormenta e os mozos Ciclope e Jean Grey. Por outra banda, está a mutante Mística que pode cambiar de forma e faise pasar por directora da escola Bayville, traballando baixo as ordes dun escuro mutante chamado Magneto.
Os primeiros episodios relatan a "guerra fría" entre ambos os bandos por localizar mutantes e unilos ao seu propio grupo, os X-Men e a Irmandade respectivamente. Ao final da tempada desátase a guerra entre ambos, e Magneto leva aos gañadores ao seu asteroide para "amplificar" os seus poderes para combater á humanidade. Pero finalmente todos logran escapar e facer explotar o asteroide.
- Strategy X
- X Impulse
- Rogue Recruit
- Mutant Crush
- Speed and Spyke
- Middleverse
- Turn of the Rogue
- Spycam
- Survival of the Fittest
- Shadowed Past
- Grim Reminder
- The Cauldron part 1
- The Cauldron part 2
Segunda Tempada
editarAínda que existen cada día máis mutantes, o groso da opinión pública aínda ignora a súa existencia. A maior parte dos episodios retratan os intentos por manter a súa existencia en segredo, intentos que chegan a un desastroso final cando os X-Men e a Irmandade deben combater xuntos a un xigantesco Sentinela (un robot) no medio dunha avenida, e sendo filmados todo o tempo.
A Irmandade queda sen líderes, e deixa de ser un grupo de supervillanos para pasar a ser simplemente un grupo de revoltosos. Mística anda pola súa conta, facéndose pasar por unha nova alumna (Misty), para gañarse así a amizade de Pícara, a quen considera a súa filla. Mística finalmente regresa á Irmandade cunha gran sorpresa: Wanda Maximoff, a poderosísima filla de Magneto, que o odia por encerrala nun manicomio... e de paso odia tamén ao seu presumido irmán Pietro.
- Growing Pains
- Power Xorde
- Bada Bing, Bada Boom
- Fun and Games
- The Beast of Bayville
- Adrift
- On Angel's Wing
- African Storm
- Joyride
- Walk on the Wild Side
- Operation: Rebirth
- Mindbender
- Shadow Dance
- Retreat
- Hex Factor
- Day of Reckoning part 1
- Day of Reckoning part 2
Terceira Tempada
editarO segredo dos mutantes xa é coñecido. Agora realizan grandes esforzos para poder ser aceptados na sociedade. Por outra banda, xorde unha ameaza para todos: un poderosísimo mutante do pasado, Apocalipse.