Xacinto , a enciclopedia libre
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xacinto (homónimos).
Na mitoloxía grega Xacinto era o fermoso amante do deus Apolo e fillo do rei de Laconia, Amiclas.
Xacinto | |
---|---|
![]() | |
Tipo | personaxe da mitoloxía grega ![]() |
Biografía | |
Lugar de sepultura | Tomb of Hyakinthos at Amyklai (en) ![]() ![]() |
Sexo | home ![]() |
Familia | |
Nai | Clío e Diomede (en) ![]() ![]() |
Pai | Piero (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Irmá/n | Polyboea (en) ![]() ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Lenda
editarCerto día atopábanse Apolo e Xacinto lanzando o disco, práctica moi común na Grecia antiga; cando foi a quenda de o lanzar Apolo este fíxoo por riba das nubes, e Xacinto, ao contemplar o lanzamento e ansioso por demostrarlle a Apolo que el tamén podía conseguir semellante proeza, foi correndo a buscar o disco, pero este rebotou na terra e impactou na cabeza de Xacinto. Apolo intentou socorrelo pero xa estaba morto e o sangue manáballe da cabeza. Para non esquecelo nunca fixo nacer do seu sangue unha nova flor, o xacinto.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xacinto |