Xbox , a enciclopedia libre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Xbox é un sistema de videoxogos de 128 bits baseado na arquitectura x86, deseñado e desenvolvido pola empresa multinacional Microsoft. Foi anunciada por primeira vez a principios de 2000, e lanzada ao mercado o 15 de novembro de 2001. Emprega unha versión recortada do sistema operativo Windows 2000, tamén desenvolvido por Microsoft.
Xbox | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | modelo de consola de videoxogos ![]() |
Subclase de | consola de videoxogos familiar ![]() |
Epónimo | DirectX e caixa ![]() |
Parte de | videoconsolas de sexta xeración ![]() |
Parte da serie | Xbox ![]() |
Medio usado | Xbox game media (en) ![]() ![]() |
Produción | |
Fabricante | Flex LTD (pt) ![]() ![]() |
Características | |
Sistema operativo | Xbox system software (en) ![]() ![]() |
Procesador | X-CPU (en) ![]() ![]() |
Dispositivo de entrada | Controle do Xbox (pt) ![]() ![]() |
Conector | Fast Ethernet (pt) ![]() ![]() |
Servizo en liña | Xbox network ![]() |
Datas e localizacións | |
Publicación | 15 de novembro de 2001, 22 de febreiro de 2002 e 14 de marzo de 2002 ![]() |
Descontinuación | 2006 e 2005 ![]() |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | Microsoft ![]() |
Cronoloxía | |
Xbox 360 ![]() | |
Contacto | |
Páxina WEB | xbox.com ![]() |
Redes | ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Entre as características principais da consola, pódese recalcar que foi a primeira en estar equipada cun disco duro para o almacenamento de xogos salvados, memoria caché durante o xogo e descarga de contido adicional a través de Xbox Live.
Situación de mercado
editarDesde a súa saída tivo un grande éxito en América e Europa, pero foi superada por PlayStation 2 no Xapón.
Xbox foi primeira en vendas no Reino Unido e outros países como México, Australia e Nova Zelandia. Foi segunda en vendas no mercado de Estados Unidos e Porto Rico. No resto dos países europeos foi terceira en vendas, moi preto da Nintendo GameCube.
Dise que a estratexia de Microsoft non era o beneficio senón a penetración no mercado das videoconsolas, principalmente o mercado estadounidense, entón dominado por Sony e Nintendo.[Cómpre referencia]
Videoconsolas competidoras
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xbox |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial da Xbox (en inglés)