Axila , a enciclopedia libre
A axila, sobaco ou sobrazo é a parte do corpo imediatamente oposta á parte exterior do ombro, ou dito doutra maneira, a parte inferior da unión do brazo co tronco, exactamente na articulación [1][2] .
Axila | |
---|---|
axilla ![]() | |
![]() | |
Instancia de | clase de entidade anatómica e tipo de subdivisión de organismo ![]() |
Subclase de | subdivision of pectoral girdle (en) ![]() ![]() ![]() |
Drenaxe linfática | ganglio linfático axilar ![]() |
Irrigado por | arteria axilar ![]() |
Drenado por | vea axilar ![]() |
Coincidente | surface proper of axilla (en) ![]() ![]() |
Semellante a | surface proper of axilla (en) ![]() ![]() |
Fontes e identificadores | |
MeSH | D001365 ![]() |
Thesaurus do NCI | C12674 ![]() |
Terminologia Anatomica 98 | A01.1.00.021 |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
É un espazo cheo de graxa, con forma de cono truncado, e está situada entre a parede torácica e lateral do brazo. No seu ápice é delimitada polo bordo superior da escápula, o bordo externo da primeira costela e o terzo medio da clavícula. A base da axila está formada pola pel e tecido subcutáneo. A través da axila as estruturas pasan a partir do triángulo posterior do pescozo ao membro superior.
Arteria axilar
editarA arteria axilar comeza a continuación da arteria subclavia no exterior das fronteiras da primeira costela, debaixo da media da clavícula.
Vea axilar
editarArtigo principal: vea axilar
A vea axilar é un vaso sanguíneo que conduce o sangue da parte lateral do tórax, axila e membro superior en dirección ao corazón. Este vaso é bilateral e iniciase na marxe inferior do músculo redondo maior ao unirse as veas basílica e braquial, e termina na marxe lateral da primeira costela, sitio onde se converte na vea subclavia.[3] Ao longo do seu traxecto é acompañada pola arteria axilar.
A obstrución da vea axilar por un trombo, aínda que non é tan frecuente como nas veas da perna, ocasionalmente ocorre despois de infusión prolongada hiperosmótica de fluídos e/ou alimentación intravenosa. A consecuencia é un edema agudo do membro superior e, posibelmente, embolia pulmonar.
Sistema linfático
editarOs vasos linfáticos na axila son superficiais ou profundos. Medialmente os vasos linfáticos acompañan á vea subclavia e terminan nos ganglios axilares.
Nervio axilar
editarO nervio axilar xorde do fascículo posterior do plexo braquial á altura da axila.
Pelos axilares
editarOs pelos axilares comezan a aparecer na puberdade, e acaban ao final da adolescencia[4]. A liberación de hormonas na axila nesta fase do desenvolvemento humano suxire unha asociación dos pelos no sobaco coa sexualidade [5].
Galería de imaxes
editar- Músculos superficiais do peito e do fronte do brazo.
- Arteria axilar e os súas ramas - Vista anterior do membro superior dereito e tórax.
- As veas da axila dereita, vista frontal.
- Vista dereita do plexo braquial (porción infraclavicular) na fosa axilar; visualizado a partir da vista inferior e superior (de baixo e de fronte).
- Vista lateral esquerda do tórax.
- A extremidade superior dereita, mostrando ósos e nervios.
- Diagrama de distribución segmentar dos nervios axilares cutáneos da extremidade superior dereita.
Notas
editar- ↑ "As axilas". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 28 de maio de 2010.
- ↑ Documentário mitos e verdades sobre axila
- ↑ Diccionario Enciclopédico Ilustrado de Medicina Dorland. 1996. McGraw-Hill - Interamericana de España. Vol. 6. ISBN 84-7615-988-9.
- ↑ Curso de Crescimento e Desenvolvimento proferido pelo professor Crivaldo Júnior, da Escola de Educação Física e Esporte da Universidade de São Paulo, no CURSO BÁSICO I da RBPT.
- ↑ Pel e pelos axilares
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Axila |