Brahmana , a enciclopedia libre
Brahmana[1][2] é unha das catro varnas ou clases sociais tradicionais do hinduísmo. Durante o período védico, ocupaba o nivel máis alto deste sistema. Os brahmanas eran tradicionalmente considerados a casta sacerdotal e intelectual, coa función principal de conservar, ensinar e realizar os rituais baseados nos Vedas. Segundo algúns textos védicos, como o Rigveda (Purusha Sukta), os brahmanas terían xurdido da boca do ser cósmico, simbolizando o seu papel como transmisores da palabra sagrada.[3] A súa actividade era maiormente relixiosa e educativa: actuaban como eruditos, intérpretes dos textos sagrados, docentes ou guías espirituais (guru),[4] ou como sacerdotes (purohit, pandit ou pujari). Algunhas tradicións tamén atribúen aos brahmanas funcións como guerreiros ou médicos, especialmente en contextos históricos concretos.


Na antiga India, os que completaban a lectura do Upanishad Brahmanak eran chamados brahmanas ou brahmáns. Tamén son coñecidos como Dwij, [5] pola súa misión de guiar aos demais cara á iluminación.[6]
Sistema de castas
editarO sistema de castas, ou castes[7], clasificaba as persoas segundo os seus postos de traballo. Os brahmanas ocupaban o nivel superior e adoitaban ser sacerdotes, mestres ou eruditos. Parashurama é unha figura lendaria considerada un brahmán que se converteu en guerreiro, e simboliza a orixe de certos subgrupos brahmánicos como os Bhumihar ou os Tyagi, tamén coñecidos como brahmán-kshatriya.
Os brahmanas do período védico
editarDurante o período védico, os brahmanas eran considerados os principais depositarios do saber filosófico e relixioso. Realizaban os sacrificios védicos (yajna), recitaban os himnos e transmitían oralmente os Vedas. O seu prestixio baseábase no dominio das escrituras e das artes asociadas á relixión, como a métrica, a recitación e a música ritual. Con todo, a devoción hindú non sempre dependía deles, xa que existían formas populares de culto alleas ao sistema védico.
Mudanzas sociais
editarCo paso do tempo, moitos brahmanas asumiron ocupacións non relixiosas. Historicamente foron eruditos, médicos, administradores ou mesmo militares. Aínda que o ideal védico reservaba a esta casta un papel espiritual, na práctica exerceron unha ampla variedade de funcións sociais.[8]
Alimentación e costumes
editarTradicionalmente, os brahmanas practican o vexetarianismo como parte do seu compromiso coa non violencia (ahimsa), aínda que existen excepcións rexionais, especialmente no leste da India e en comunidades brahmánicas do Himalaia.
Subgrupos
editarExisten numerosos subgrupos de brahmanas, divididos por rexión ou tradición relixiosa. Entre os máis coñecidos están:
- Iyer e Iyengar no Tamil Nadu, adoradores de Shiva e Vishnu, respectivamente.
- Saraswat, Kanyakubja, Bhumihar, Gaur, Maithil, no norte da India.
- Deshastha, Chitpavan no Maharastra e Nambudiri en Kerala.
Algunhas destas comunidades, como os Mohyal, os Tyagi ou os Bhumihar, reclaman unha orixe brahmánica, pero adoitan desenvolver funcións guerreiras ou administrativas. En Kerala, a comunidade Ezhavathy está relacionada cos Mohyal.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para brahmana.
- ↑ "brahmana". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 352.
- ↑ Thapar, Romila (2004). Early India: From the Origins to AD 1300. University of California Press. p. 125. ISBN 9780520242258.
- ↑ "Guru" significa "o que disipa a escuridade" ou o paso "da escuridade á luz"; non indica unha casta nin unha función relixiosa específica como sacerdote. Por exemplo, Gurú Nanak foi chamado así polos seus seguidores en recoñecemento ao seu liderado espiritual, malia non pertencer á casta brahmánica.
- ↑ O termo Dwij (ou "nado dúas veces") refírese á iniciación relixiosa, considerada un segundo nacemento, que marcaba o acceso á aprendizaxe dos textos sagrados.
- ↑ William Smith (1850). Dwij: the conversion of a Brahman [later known as N. Goreh] to the faith of Christ (en English).
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caste.
- ↑ Ghurye, G. S. (1969). Caste and Race in India. Popular Prakashan. pp. 15–18. ISBN 978-81-7154-205-5.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brahmana |
Outros artigos
editar- Brahma (divindade)
- Música da India
- Sistema de castas da India
- Varnas (hinduísmo)