Capela da Virxe das Neves , a enciclopedia libre
- Este artigo trata sobre un templo galego, para a Virxe da Peneda en Portugal véxase: Santuario de Nosa Señora da Peneda.
A capela da Virxe das Neves, tamén coñecida como capela da Virxe da Peneda, é unha ermida barroca situada na parroquia de Soutomaior. Sitúase no monte da Peneda, que delimita os concellos de Soutomaior e Redondela.
Capela da Virxe das Neves | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | capela ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Diocese | diocese de Tui-Vigo ![]() | |||
Dedicado a | Nosa Señora das Neves ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Soutomaior | |||
Parroquia | Soutomaior ![]() | |||
Localización | monte da Peneda ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Historia
editarA capela construíuse arredor do século XVIII sobre os restos onde en 1477 Alonso II de Fonseca mandou construír o castelo de Castrizán, conquistado e destruído por Pedro Madruga dous anos despois. É de estilo barroco. O teito foi orixinariamente de madeira, mais a finais do século XIX foi substituído por unha cúpula de pedra. Ten base rectangular cunha cuberta a dúas augas dunha nave dividida en dous tramos por un arco faixón de medio punto, con bóveda de canón e arco triunfal apuntado.[1]
O 5 de agosto celébrase a romaría na honra á Virxe das Neves.
Notas
editar- ↑ Miguel González. As vellas ermidas redondelanas. Unha aproximación histórica