Monte da Peneda , a enciclopedia libre

O monte da Peneda é un pico montañoso galego. Ten unha altitude de 329 metros e está localizado entre a parroquia redondelá do Viso e mais as de Arcade e Soutomaior, do concello de Soutomaior. Dende o seu cumio pódese observar a ría de Vigo, as illas Cíes, a praia de Cesantes e a illa de San Simón.[1]

Modelo:Xeografía físicaMonte da Peneda
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaRedondela, España e Soutomaior, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°19′36″N 8°35′24″O / 42.32673, -8.59008
Características
Altitude329 m Editar o valor en Wikidata
Monte da Peneda visto dende O Viso, no concello de Redondela.

Historia

editar

Pola súa localización estratéxica, ao ser un punto elevado no medio dunha orografía chá, foi empregado como asentamento castrexo, aínda que do castro da Peneda só se conservan os restos dos muros exteriores. Tamén por esta mesma razón pertenceu a Pedro Madruga, famoso por facer fronte ao centralismo dos Reis Católicos. Tamén se construíron varios castelos medievais, posteriormente asolados en diferentes conflitos. Destaca sobre todo o castelo de Castrizán levantado en 1477 polo Arcebispo de Santiago Don Alonso de Fonseca II, para cercar o castelo de Soutomaior e manter o control sobre Pedro Madruga.[2]

Capela da Virxe das Neves

editar

A capela da Virxe das Neves, tamén coñecida como ermida da Peneda, construíuse ao redor do século XVIII, e nela celébrase o 5 de agosto a romaría á Virxe das Neves.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar
  1. Turismo de Redondela Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine., 13 propostas esenciais.
  2. X. Miguel González. As vellas ermidas redondelanas. Unha aproximación histórica

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar