Concello de Gotemburgo , a enciclopedia libre
Gotemburgo é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] A súa capital é a cidade de Gotemburgo.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Västra Götaland ![]() | ||||
Capital | Gotemburgo ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 608.993 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua sueca ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.025,32 km² ![]() | ||||
Bañado por | Göta älv (pt) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 12 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Gothenburg Municipality, Sweden (en) ![]() ![]() | Jonas Attenius (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 400 10–418 79 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 31 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Bergen (1946–) Turku (1946–) Aarhus (1946–) San Petersburgo (1962–valor descoñecido) Rostock (1965–) Shanghai (1986–) Chicago (1987–) Cracovia (1990–) Nelson Mandela Bay Metropolitan Municipality (en) ![]() Lión (2015–) ![]() | ||||
Sitio web | goteborg.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A zona oriental do concello ten un leito rochoso moi agrietado que forma unha paisaxe de fisuras con con alturas en forma de zócolo con vales entre elas. Cara a costa os vales fanse máis anchos e nalgunha partes fórmanse chairas. Gotemburgo é a segunda cidade industria máis de Suecia tras Estocolmo. Ademais, o municipio é tamén unha importante área comercial e navieira, e hai un amplo sector de educación e investigación.
Tras a fundación do concello no ano 1971 a poboación disminuíu fortemente durante o seguinte decenio. Posteriormente a tendencia ten sido positiva. En decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 608 993 habitantes.[2]
Historia administrativa
editarA área do concelo correspóndese coa das parroquias de Angered, Askim, Backa, Bergum, Björlanda, Lundby, Rödbo, Styrsö, Säve, Torslanda, Tuve, Västra Frölunda, Ytterby (a parte na illa de Hisingen) e Örgryte. Nesas parroquias creáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome. Ademais fundouse o concello rural de Karl Johan nunha parte da parroquia de Örgryte. Na zona tamén estaba a cidade de Gotemburgo que en 1863 creou un concello urbano. O municipio de Karl Johan disolveuse en 1868 cando unha parte do mesmo incorporouse á cidade de Gotemburgo, mentres que a outra formou o concello rural de Nya Varvet, que en 1931 se uniu á cidade.
Na zona, establecéronse nos municipios rurais que se fusionaron coa cidade as seguintes localidades municipais:
- Lundby creouse o 19 de xuño de 1891 no concello rural de Lundby, e disolveuse a finais de 1905 cando o municipio incorporouse á cidade de Gotemburgo.
- Krokslätt o 23 de outubro de 1884 no concello rural de Örgryte, e disolveuse a finais de 1921 cando o municipio incorporouse á cidade de Gotemburgo.
- Gårda o 19 de outubro de 1900 no concello rural de Örgryte, e disolveuse a finais de 1921 cando o municipio incorporouse á cidade de Gotemburgo.
- Lunden o 19 de outubro de 1900 no concello rural de Örgryte, e disolveuse a finais de 1921 cando o municipio incorporouse á cidade de Gotemburgo.
- Hagen o 19 de agosto de 1910 no concello rural de Västra Frölunda, e disolveuse a finais de 1921.
- Långedrag o 25 de xaneiro de 1907 no concello rural de Västra Frölunda, e disolveuse a finais de 1921.
- Älvsborg o 1 de xaneiro de 1922 no concello rural de Västra Frölunda, e disolveuse a finais de 1944 cando o municipio incorporouse á cidade de Gotemburgo.
- Asperö o 3 de setembro de 1915 no concello rural de Styrsö, e disolveuse a finais de 1959.
- Brännö o 1 de decembro de 1911 no concello rural de Styrsö, e disolveuse a finais de 1922.
- Donsö o 1 de decembro de 1911 no concello rural de Styrsö, e disolveuse a finais de 1959.
- Styrsö o 4 de maio de 1923 no concello rural de Styrsö, e disolveuse a finais de 1959.
- Vrångö o 3 de setembro de 1915 no concello rural de Styrsö, e disolveuse a finais de 1959.
- Tingstad o 9 de setembro de 1904 no concello rural de Backa, e disolveuse a finais de 1926.
A cidade de Gotemburgo incorporou en 1948 ao concello rural de Backa. Os municipios de Torslanda, Tuve, Säve e Angered, ao igual que a parroquia de Bergum no concello rural de Stora Lundby, incorporáronse en 1967. O actual concello de Gotemburgo naceu en 1971 a partir da transformación da cidade e dunha parte do concello rural de Ytterby (a que estaba en Hisingen). No ano 1974 incorporáronse os municipios de Askim e Styrsö e unha parte do de Kungälv (Rödbo).[3]
Concello ou cidade
editarO concello urbano de Gotemburgo converteuse no concello de Gotemburgo en 1971 cando se suprimiu o concepto de concello urbano (stadskommun) na lexislación. Porén, o 16 de xuño de 1983 o consello municipal decidiu “confirmar que se debería utilizar o concepto de cidade nos casos en que non teña consecuencias no ordenamento municipal”. Así, o termo/nome Göteborgs stad (cidade de Gotemburgo) utilízase de novo a miúdo. Os sinais de tráfico no límite municipal indican agora ”GÖTEBORGS STAD” ou ”GÖTEBORGS KOMMUN”. O municipio usa sistematicamente a ortografía Göteborgs Stad, xa que o municipio percibe máis como un nome que como un concepto (o concepto de cidade non existe administrativamente dende 1971).[4]
Xeografía
editarO concello atópase principalmente na parte occidental da provincia histórica de Västergötland, pero partes da illa de Hisingen están no sur de Bohuslän. A través do concello flúe o río Göta mentres que o Nordre no norte forma a fronteira co municipio de Kungälv. Ao oeste, Gotemburgo limita co Kattegat.
Gotemburgo limita ao sur cos municipios de Kungsbacka, no condado de Halland, de Mölndal e Härryda, ao leste cos de Partille e Lerum, ao norte cos de Ale e Kungälv, e ao oeste co de Öckerö, estes últimos en Västra Götaland.
Topografía e hidrografía
editarA área do leste do concello ten un leito rochoso moi fracturado que está formado principalmente por gneises de case dous mil millóns de anos. A rocha gretada forma unha paisaxe fracturada con alturas a modo de zócolo e entre estes hai vales. O manto de xeo, e posteriormente tamén as ondas, erosionaron os cumios das montañas, que adoitan estar formados por rochas espidas, ás veces cubertas de queiroas. A erosión do xeo tamén fixo que os vales se ensanchen e se abran cara a costa, formando chairas nalgunhas zonas. Esas áreas estaban cubertas de xeo, pero despois do derretimento do xeo quedaron cubertas polo mar. Isto provocou grandes depósitos de arxila mariña nos vales, por exemplo nos vales do río Göta e do Nordre. No val do Nordre hai depósitos de grava, e tanto nos vales do Göta como do Nordre hai prados húmidos que se converten en marismas dominadas por xuncos. No val do Lärjeån atópanse sedimentos masivos onde o río cortou o seu camiño e forma unha fermosa paisaxe de barrancos nunha das zonas agrícolas máis fértiles do concello. A agricultura intensiva fixo que o antigo bosque caducifolia que existía nos vales retrocedese, aínda que comezou a recuperarse.[5]
O arquipélago de Gotemburgo está formado por afloramentos pulidos en frío e o leito rochoso consiste en partes dunha rocha primaria máis básica. Isto fai que, por exemplo, o arquipélago de Vinga teña unha flora rica en especies e, polo contrario, a illa de Galterö no sur do arquipélago caracterícese por breixeiras e marismas grandes.[5] O arquipélago está formado por unhas 20 illas.[6]
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-12.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-12.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
- ↑ "Officiell webbplats". goteborg.se. Consultado o 23 de marzo de 2025.
- ↑ 5,0 5,1 "Göteborg - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-24.
- ↑ "Göteborgs skärgård – unika upplevelser året runt". www.goteborg.com (en sueco). Consultado o 2025-03-24.