Concello de Partille , a enciclopedia libre
Partille é un concello sueco no condado de Västra Götaland.[1] A súa capital é a localidade de Partille, que dende hai moito tempo fusionouse coa área urbana da cidade de Gotemburgo. No mes de decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 41 060 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Västra Götaland ![]() | ||||
Capital | Partille (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 41.154 (2025) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 58,98 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 433 00–433 86 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | partille.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
É un municipio suburbano diferenciado da área metropolitana de Gotemburgo (Storgöteborg). O concello de Partille está formado por catro partes xeográficas: Partille, Sävedalen, Öjersjö e Jonsered. Partille é un municipio xeograficamente pequeno pero de tamaño mediano en termos de poboación. O municipio está composto nun 60 por cento de natureza protexida.
Nome
editarO nome de Partille pénsase que vén da palabra medieval "Parthaella", que significa "a lousa partida". Que proveña da expresión "Passet mellan bergen" (o paso entre as montañas) tamén é unha interpretación probable, referíndose ás montañas a ámbolos dous lados do val do Säveån. Unha tercera teoría apunta á frase "porten mellan hällarna" (a porta entre os afloramentos), apuntado ao estreito paso que hai onde Jonsered se atopa co lago Aspen.[3]
Xeografía
editarO concello está situado na parte occidental do landskap de Västergötland e limita ao oeste e ao norte co municipio de Gotemburgo, ao sur co de Härryda, e ao leste co de Lerum, todos eles no condado de Västra Götaland.
Topografía e hidrografía
editarA parte central do concello estäendese ao longo do val do Säveån, bordeado por edificios e rodeado de escarpadas ladeiras montañosas e sedimentos fértiles. O terreo máis alto caracterízase por estreitos vales de fractura con marismas e turbeiras. Nas alturas estendense bosques de piñeiros que medran no leito rochoso, en ocasións intercalados con frondosas, sobre todo carballos e, en menor medida, faias.[4]
Protección da natureza
editarEn 2025 o concello de Partille contaba con catro reservas naturais.[5] A reserva natural de Knipeflågsbergen ao suroeste constitúe unha meseta montañosa prístina, chea de fendas e cuberta de bosque natural.[4]
Divisións administrativas
editarAta o ano 2016 para cuestións de informes de poboación o concello estaba dividido en tres congregacións: Furulund, Partille e Sävedalen. A partir dese ano o municipio estäa dividido no seu lugar en dous distritos: Partille e Sävedalen.[6]
Partille é un dos dous concellos do país (o outro é Örnsköldsvik) que ten menos cantidade de distritos que de congregacións. A de Furulund separouse de Partille en 2015, o derradeiro ano con congregacións como unidades para informes poboacionais.
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2023-01-14.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-17.
- ↑ "Partilles historia". Partille Kommun (en sueco). Consultado o 2023-01-20.
- ↑ 4,0 4,1 "Partille - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-17.
- ↑ "Partille naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2025-03-17.
- ↑ "Förordning om distrikt (SFS 2015:493)" (PDF). Regeringskansliet. Consultado o 17 de marzo de 2025.