Pobos iroqueses , a enciclopedia libre

Os iroqueses[1] ou haudenosaunee son unha histórica e poderosa confederación nativa americana do nordeste do continente. Eran coñecidos durante a era colonial francesa como Liga iroquesa, e posteriormente como Confederación iroquesa, mentres que os colonos ingleses referíanse a eles como Cinco nacións (antes de 1722) e Seis nacións, comprendendo os pobos mohawk, onondaga, oneida, cayuga, seneca e tuscarora.

Pobos iroqueses

Instancia denación e sexteto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación total125 000 (2010)
LinguaMohawk, oneida, onondaga, cayuga, seneca, tuscarora, inglés, francés
Linguas faladaslinguas iroquesas Editar o valor en Wikidata
RelixiónKarihwiio, Kanoh'hon'io, Kahni'kwi'io, Cristianismo, Longhouse, Handsome Lake, outras relixións indíxenas
CoincidenteConfederación dos iroqueses Editar o valor en Wikidata
RelacionadosPobo seneca, mohawk, oneida, cayuga, onondaga, tuscarora, outros pobos iroqueses
Rexións principais
Estados Unidos de América Estados Unidos80 000
Canadá45 000
Fontes e ligazóns
Páxina WEBhaudenosauneeconfederacy.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]
Territorio histórico dos iroqueses.

Os iroqueses absorveron numerosos pobos á súa cultura como resultado de guerras, a adopción de prisioneiros e a acollida de pobos desprazados.

Os pobos históricos erie, conestoga, wyandot (huróns) e iroqueses de San Lourenzo, todos pobos independentes, falan tamén linguas iroquesas. Dende o punto de vista lingüístico, son considerados tamén pobos iroqueses polas similitudes lingüísticas e culturais; porén, eran inimigos tradicionais da Liga Iroquesa.[2]

No 2010, máis de 45 000 iroqueses vivían no Canadá, e arredor de 80 000 nos Estados Unidos de América.

  1. Definición de iroqués, -esa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Daeg de Mott, D. K. (2009). Worldmark Encyclopedia of Cultures and Daily Life, Vol. 2 (2nd ed.). Detroit: Gale. pp. 304–310. ISBN 978-1414448909. Consultado o 12 de abril de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar