Pobo mohawk , a enciclopedia libre

Os mohawk[2] (nome tomado do Narraganset 'mohowaùuck',[3]) son a tribo americana máis oriental da Confederación iroquesa. O seu autónimo é Kanien'gehaga, a xente do lugar da pedra. O seu territorio abranguía o que hoxe en día é o sur do Quebec e o leste de Ontario. Os seus asentamentos actuais inclúe as áreas arredor do Lago Ontario e o río St Lawrence no Canadá. O seu territorio tradicional estendíase cara ao sur do río Mohawk, cara ao leste das Green Mountains de Vermont, cara ao oeste ata a fronteira cos oneida, e ó norte co río St Lawrence. Como membros orixinais da Confederación iroquesa, ou Haudenosaunee, os Mohawk eran coñecidos como os "Gardiáns da Porta Leste". A relixión mohawk predominante é animista.

Pobo mohawk

Thayendanegea ou Joseph Brant, por Gilbert Stuart, 1786
Instancia deetnia Editar o valor en Wikidata
Subclase depobos indíxenas de América do Norte Editar o valor en Wikidata
Parte dePrimeiras Nacións Editar o valor en Wikidata
Poboación total29 314
LinguaMohawk, inglés, francés, mohawk holandés, outros dialectos iroqueses
RelixiónKarihwiio, Kanoh'hon'io, Kahni'kwi'io, Cristianismo, Longhouse, Handsome Lake, Outras relixións indíxenas
RelacionadosPobo seneca, oneida, cayuga, onondaga, tuscarora, outros pobos iroqueses
Rexións principais
(Quebec, Ontario) Canadá23 682[1]
(Estado de Nova York) Estados Unidos de América Estados Unidos5 632[1]
Fontes e ligazóns
Wikidata ] C:Commons ]
  1. 1,0 1,1 George-Kanentiio, Doug. "Iroquois Population in 1995". ratical.org. Consultado o 27 de maio de 2016. 
  2. Definición de mohawk* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. "Native Americans Tribes Northeast Region: Tribal History". McGary. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 5 de maio de 2012. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar