Ferreiriño africano , a enciclopedia libre
O ferreiriño africano[2] (Cyanistes teneriffae) é unha especie de paxaro da familia Paridae. VIve no norte de África, illa Pantelleria (Italia) e as illas Canarias (España). O seu hábitat natural son os bosques temperados. Esta especie e o ferreiriño azul eran antes considerados a mesma especie. O status desta especie non foi avaliado porque é común nas illas de Tenerife e Gran Canaria. A especie utilizouse en moitas investigacións debido ás súas poboacións en illas e a relevancia para certas hipóteses evolutivas.[3]
Distribución
editarO ferreiriño africano atópase no norte de África, illa Pantelleria e illas Canarias. Está moi estendido nas illas de Tenerife e Gran Canaria, mais é escaso nas poboacións locais de Fuerteventura e Lanzarote.[4]
Descrición
editarTen unha lonxitude de 11 ou 12 cm.[4] É un pequeno párido de corpo compacto e bico afiado. A raza nomeada ten unha fronte e liña superciliar ata o centro da caluga branca, píleo dunha intensa cor azul brillante, que se fai anegrado no pescozo, cun dorso azul e parte ventral do corpo amarelo. A canción é unha repetición variable dunha ou dúas notas.[4]
Dieta
editarA especie come diversas eirugas.[5] A dieta non é significativamente diferente da do ferreiriño azul.
Hábitat
editarO ferreiriño africano prefire os bosques temperados, de zonas altas ou baixas.[4][5] As áreas de terras baixas son as preferidas en Fuerteventura e Lanzarote, mais as poboacións de Tenerife e Gran Canaria prefiren os bosques montañosos.
Reprodución
editarA especie reprodúcese desde febreiro a xullo e tamén posiblemente desde outubro a xaneiro. Adoita reproducirse antes nos niveis altitudinais máis baixos que nas áreas montañosas.[5] A posta de ovos ocorre cando o fotoperíodo é máis longo, e elixen compañeiros fóra da parella e sincronízanse coa maior densidade de eirugas dispoñibles como presas.[5] É unha especie residente e os xoves permanecen no seu sitio natal; non se dispersan cando empluman.[4]
Taxonomía
editarVerde: teneriffae
Marrón: palmensis
Azul: ombriosus
Púrpura: hedwigii
Amarelo: degener
Esta especie e o ferreiriño azul eran antes considerados conespecíficos.
As subespecies son:[3]
- C. t. palmensis – La Palma, no noroeste das Canarias.
- C. t. ombriosus – El Hierro, no suroese das Canarias.
- C. t. teneriffae – La Gomera e Tenerife, no centrooeste das Canarias.
- C. t. hedwigii – Gran Canaria no centro das Canarias.
- C. t. degener – Lanzarote e Fuerteventura, no leste das Canarias.
- C. t. ultramarinus – Pantelleria (Italia), e noroeste de África desde Marrocos e cara ao leste ata o norte de Tunisia.
- C. t. cyrenaicae – nordés de Libia. Endémica das montañas e bosques, a miúdo considérase como unha especie separada para a que se propuxo o nome de Cyanistes cyrenaicae.[6]
- As subespecies das illas Canarias teñen un píleo negro, e a forma Africana continental ten un dorso azul. Estanse a facer investigacións para dividir estas poboacións en diferentes especies, cunha peculiar distribución de "salto de ra".[7][8][9] Investigacións publicadas en 2007 atoparon que o fereiriño africano do leste das illas Canarias, de Fuerteventura e Lanzarote, é indistinguible do do norte de África e así a subespecie degener debería ser considerada como sinónima de ultramarinus.[10]
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2016). "Cyanistes teneriffae" 2016: e.T103761672A104117708. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T103761672A104117708.en.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ 3,0 3,1 Illera, Juan Carlos; Spurgin, Lewis G.; Rodriguez-Exposito, Eduardo; Nogales, Manuel; Rando, Juan Carlos (xuño de 2016). "What are We Learning about Speciation and Extinction from the Canary Islands?". Ardeola (en inglés) 63 (1): 15–33. ISSN 0570-7358. doi:10.13157/arla.63.1.2016.rp1.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "African blue tit (Cyanistes teneriffae)". www.hbw.com (en inglés). Consultado o 2018-10-31.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Ziane, Nadia; Chabi, Yassine; Lambrechts, Marcel M. (decembro de 2006). "Breeding Performance of Blue TitsCyanistes caeruleus ultramarinusin Relation to Habitat Richness of Oak Forest Patches in North-Eastern Algeria". Acta Ornithologica (en inglés) 41 (2): 163–169. ISSN 0001-6454. doi:10.3161/068.041.0201.
- ↑ https://lntreasures.com/libya.html
- ↑ Kvist, Laura (2006). "Response to "Taxonomic status of 'phylogroups' in the Parus teneriffae complex (Aves)" by George Sangster". Molecular Phylogenetics and Evolution 38 (1): 290. doi:10.1016/j.ympev.2005.10.012.
- ↑ Kvist, Laura; Broggi, J.; Illera, J.C; Koivula, K. (2005). "Colonisation and diversification of the blue tits (Parus caeruleus teneriffae-group) in the Canary Islands". Molecular Phylogenetics and Evolution 34 (3): 501–511. PMID 15683925. doi:10.1016/j.ympev.2004.11.017.
- ↑ Sangster, George (2006). "Taxonomic status of 'phylogroups' in the Parus teneriffae complex (Aves): Comments on the paper by Kvist et al. (2005)". Molecular Phylogenetics and Evolution 38 (1): 288–289. PMID 16314112. doi:10.1016/j.ympev.2005.10.009.
- ↑ Dietzen, Christian; Garcia-del-Rey, Eduardo; Delgado Castro, Guillermo; Wink, Michael (xaneirod de 2007). "Phylogeography of the blue tit (Parus teneriffae-group) on the Canary Islands based on mitochondrial DNA sequence data and morphometrics". Journal of Ornithology 149 (1): 1–12. doi:10.1007/s10336-007-0192-7.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferreiriño africano |