IGN , a enciclopedia libre
IGN (abreviatura do nome Imagine Games Network) é unha páxina web estadounidense de videoxogos e entretemento operada por IGN Entertainment Inc., unha subsidiaria de Ziff Davis, á súa vez propiedade de j2 Global. A sede da compañía atópase en San Francisco e está dirixida polo seu antigo editor en xefe, Peer Schneider. A páxina web de IGN foi obra do emprendedor Chris Anderson e foi lanzada o 29 de setembro de 1996. Os seus contidos céntranse en videoxogos, filmes, televisión, banda deseñada, tecnoloxía e outros medios. Orixinalmente unha rede de páxinas web, IGN agora tamén se distribúe en plataformas móbiles, con programas de consola en Xbox e PlayStation, FireTV, Roku, e a través de YouTube, Twitch, Hulu e Snapchat.
IGN | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | páxina web de novas de videoxogos, negocio, xornal en liña e online film database (en) ![]() ![]() | |||
Personalidades | ||||
Propietario/a | News Corporation e Ziff Davis (pt) ![]() ![]() | |||
Fundador/a | Mark Jung (en) ![]() ![]() | |||
Actividade | ||||
Industria | medio de comunicación de masas ![]() | |||
Entidades | ||||
Ten en propiendade | ||||
Entidades subsidiarias | ||||
Data | ||||
Fundación | 29 de setembro de 1996 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | Estados Unidos de América ![]() | |||
Localización | San Francisco e California ![]() | |||
Sede | San Francisco ![]() | |||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | ign.com ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Nun principio, IGN era o buque insignia de IGN Entertainment, unha páxina web que posuía e operaba outras páxinas web orientadas ós intereses, xogos e entretemento dos xogadores, como Rotten Tomatoes, GameSpy, GameStats, VE3D, TeamXbox, Vault Network, FilePlanet e AskMen, entre outros. IGN foi vendido á compañía Ziff Davis en febreiro de 2013 e dende entón opera como unha subsidiaria de J2 Global.