Inside Man , a enciclopedia libre

Inside Man é un filme estadounidense de 2006 dirixido por Spike Lee e escrito por Russell Gewirtz. Conta a historia dun elaborado roubo en Wall Street. Está protagonizado por Denzel Washington no papel do detective Keith Frazier, un negociador da Policía de Nova York, Clive Owen como Dalton Russell, a mente mestra que orquestra o roubo, e Jodie Foster como Madeleine White, unha broker de Manhattan que se ve envolta no caso a petición do fundador do banco, Arthur Case (Christopher Plummer).

Inside Man
Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticofilme sobre crime, cinema de asaltos, cinema dramático e filme de suspense Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Interpretado porTerence Blanchard Editar o valor en Wikidata
Director/aSpike Lee Editar o valor en Wikidata
Compositor/aTerence Blanchard Editar o valor en Wikidata
GuionistaRussell Gewirtz (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaMatthew Libatique Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineBarry Alexander Brown (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enNova York Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aBrian Grazer Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraUniversal Studios, Imagine Entertainment e 40 Acres & A Mule Filmworks Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aUIP-Dunafilm e Netflix Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración2 horas e 9 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeNova York Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBuphe.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0454848 Filmaffinity: 858463 Allocine: 60285 Rottentomatoes: m/inside_man Mojo: insideman Allmovie: v324968 TCM: 621151 Metacritic: movie/inside-man TV.com: movies/inside-man
BNE: XX4214762 Allmusic: mw0000506776 Netlix: 70044379 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Gewirtz dedicou cinco días a desenvolver a premisa antes de comezar a traballar no que se convertería no guión orixinal. Logo de completar o guión en 2002, Imagine Entertainment mercouno para que fose creado por Universal Pictures, con Ron Howard como director inicial. Logo de que Howard saíse do proxecto, o seu compeñeiro en Imagine, Brian Grazer comezou a buscar un novo director, contratando finalmente a Lee. A fotografía principal comezou en xuño de 2005 e rematou en agosto; a rodaxe produciuse en varias localizacións da cidade de Nova York. Inside Man estreouse en Nova York o 20 de marzo de 2006, antes de estrearse nos cinemas dos Estados Unidos o 24 de marzo de 2006. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica e recadou 184,4 millóns de dólares en todo o mundo, sobre un orzamento de 45 millóns.

Personaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar