Pobo kurdo , a enciclopedia libre

Os kurdos[4] son un pobo iranio que se atopa na rexión montañosa de Kurdistán, no suroeste de Asia, esparexida principalmente entre os estados de Iraq, Turquía e Irán. Os kurdos son na súa maioría musulmáns sunnitas.

Pobo kurdo

Nena kurda de Mardin.
Instancia deetnia Editar o valor en Wikidata
Parte depobos iranianos Editar o valor en Wikidata
Poboación total36,4–45,6 millóns (2017)
Lingua maternalingua kurda e lingua zazaki Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua kurda (kurdo central, kurdo do norte, kurdo do sur, zazaki e goraní)
Linguas faladaslingua kurda, lingua turca, lingua persa e lingua árabe Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam dende o século VII
(Sunnismo, pero tamén xiísmo e sufismo)
con minorías de deísmo, agnosticismo, iezidismo, zoroastrianism, cristianismo e xudaísmo
RelacionadosOutros pobos iranianos
Localización
País de orixeTurquía, Iraq, Irán, Siria, Azerbaidján e Armenia Editar o valor en Wikidata
Rexións principais
Turquía Turquía14,3 a 20 millóns
Irán8,2 a 12 millóns
Iraq5,6 a 8,5 millóns
Siria2 a 3,6 millóns
Armenia37 500[1]
Xeorxia Xeorxia13 861[2]
Azerbaidján6 100[3]
Descrito pola fonte
Wikidata ] C:Commons ]
Cidade do Kurdistán.

Son ao redor de trinta millóns de individuos, malia que non existe ningún censo onde consten de maneira fiable. Calcúlase que preto do 55% do total vive en Turquía, un 20% en Iraq e un 5% en Siria. Existe tamén unha importante diáspora kurda en Europa occidental, sobre todo en países como Alemaña, o Reino Unido ou Suecia.

A finais da primeira guerra mundial, na que apoiaron os aliados contra o Imperio Otomán, os kurdos conseguiron, por medio do tratado de Sèvres o recoñecemento da independencia do Kurdistán. Mais, este acordo internacional endexamais foi ratificado e foi substituído en troques polo tratado de Lausana, que repartiu o territorio kurdo entre Turquía, Iraq, Irán e Siria.

Feitos da historia moderna kurda

editar

Persoeiros kurdos históricos

editar
  • Saladino (1138-1193) ou Salah al-Din Yusuf-al-Ayyubi. Fillo de Ayyub, gobernador de Tikrit, e sobriño de Shirkuh, lugartenente de Nur al-Din, señor de Siria (1146-1174). Shirkuh fíxose co control do Califato fatimí de Exipto (1169) nunha campaña militar costeada por Nur al-Din e o mesmo ano foi herdado por Saladino á morte do seu tío Shirkuh. Disolveu o Califato do Cairo (1171) e proclamado Sultán de Exipto, entrou en disputa con Nur al-Din, o seu señor. Á morte de Nur al-Din (1174) fíxose co poder en Siria, ao norte até Armenia, ao oeste Mosul e o Kurdistán (1186), e con gran parte dos Estados Cruzados (1187). O Sultán kurdo, líder do estado máis poderoso de Oriente, falece en Damasco.
  1. Statistics of Armenia (ed.). "Information from the 2011 Armenian National Census" (PDF) (en armenia). Consultado o 27 de maio de 2014. 
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de outubro de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2017. 
  3. Statistical Yearbook of Azerbaijan 2014. 2015. p. 80. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kurdo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar