Mámoa do Rei (Redondela) , a enciclopedia libre
A Mámoa do Rei é unha mámoa pertencente ao complexo arqueolóxico de Monte Penide, na parroquia de Trasmañó ou na de Negros[1] (Redondela).
Mámoa do Rei (Redondela) | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Mámoa do Rei, no Monte Penide. | ||||
Tipo | dolmen ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Redondela | |||
Parroquia | Trasmañó ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Características
editarA mámoa posúe planta poligonal orientada cara ao leste e conserva seis ortóstatos ou lousas que forman no seu interior unha cámara. O túmulo de terra é dun diámetro de 15 metros e uns 2,5 de altura.[2]
O estado de conservación está alterado por mor de causas humanas, coma estradas asfaltadas ou postes telefónicos. Ademais, existen diversas raposeiras e vexetación propia do bosque que altera o túmulo. No seu interior foron atopados restos arqueolóxicos prehistóricos, coma cerámicas, ferramentas de pedra, punta de frecha de sílex e outros enxovais.[3].
O túmulo era coñecido desde a década de 1950 tras as prospeccións realizadas por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. Despois, a mámoa sufriu abandono e deterioración, conservando só algúns dos esteos in situ. No verán do 2001, unha intervención arqueolóxica reconstruíu o monumento, reintegrando a lousa que cobre a cámara, partida en dous, ademais de recuperar diversos materiais cerámicos e líticos.
Na actualidade está catalogada coma Ben de Interese Cultural.[4].
Notas
editar- ↑ Antonio Pinacho (24.11.2010). "Los comuneros de Negros cederán terrenos para el parque arqueológico de Monte Penide". Faro de Vigo.
- ↑ "Ficha da Mámoa do Rei" (PDF). AGADER. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Diagnóstico socioeconómico do concello de Redondela. Capítulo 4: Recursos culturais e patrimonio" (PDF). Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Consultado o 17 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Mámoa do Rei, Ben de Interese Cultural" (PDF). Diario Oficial de Galicia. Consultado o 17 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Hidalgo Cuñarro, J. M. (1985): Redondela Arqueoloxía, Concello de Redondela.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Museo Virtual do Monte Penide Prehistórico. Arquivado 16 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. Desenvolvido polo Concello de Redondela e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
- "Monte Penide luce su arte rupestre", artigo no Faro de Vigo, 7 de outubro de 2013 (en castelán).
- https://terrasdepontevedra.org/patrimonio/mamoa-do-rei/