Monte Penide , a enciclopedia libre

O Monte Penide, ou Monte Mirallo[1], é un macizo montañoso de 450 metros de altura que se atopa no concello pontevedrés de Redondela[2]. O complexo do monte Penide atópase nas elevacións montañosas situadas no extremo suroeste do concello, nas parroquias de Negros, Trasmañó e Cedeira.

Modelo:Xeografía físicaMonte Penide
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRedondela, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°16′14″N 8°37′43″O / 42.2706, -8.6286
Características
Altitude449 m Editar o valor en Wikidata
Mámoa do Rei, no Monte Penide.

Patrimonio arquelóxico

editar
 
Mámoa do Rei, túmulo do Monte Penide, na parroquia de Trasmañó.

No seu cumio posúe un conxunto arqueolóxico conformado por petróglifos, mámoas e outros elementos arqueolóxicos que converten a este conxunto na necrópole con máis sitios arqueolóxicos da provincia de Pontevedra[3]. Os máis antigos están datados no paleolítico inferior, no período do plistoceno.[4]

Mámoas

editar

Os túmulos son construcións de pedras e terra baixo as que as culturas prehistóricas enterraban os seus mortos. Estas construcións megalíticas estiveron moi estendidas na costa atlántica galega durante o neolítico até a idade de Bronce. Entre os túmulos ou mámoas máis importantes destacan:[4]

Petróglifos

editar
 
Petróglifo no Monte Penide.

Ademais do fenómeno tumulario, pódense observar numerosos petróglifos, unhas representacións gráficas gravadas nas rochas ou pedras. No monte Penide están os seguintes petróglifos:[4]

  1. Peña, Alfredo Peralta (2024-03-04). "Monte Penide". Concello de Redondela. Consultado o 2025-02-17. 
  2. "Diagnóstico socioeconómico do concello de Redondela: Patrimonio arqueolóxico." (PDF). Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  3. "Visitas guiadas á Área Arqueolóxica Monte Penide, Redondela" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Museo Virtual de Monte Penide Prehistórico". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  5. "Ficha da Mámoa do Rei" (PDF). AGADER. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 
  6. "Ficha do Petroglifo do Coto do Corno" (PDF). AGADER. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Hidalgo Cuñarro, José Manuel; Costas Goberna, Fernando Javier (1980). "El gran conjunto megalítico de monte Penide, Redondela, Pontevedra". El Museo de Pontevedra. XXXIV: 79–108. 

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar