Músculo abdutor longo do polgar , a enciclopedia libre

O músculo abdutor longo do polgar é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo.

Músculo abdutor longo do polgar
m. abductor pollicis longus Editar o valor en Wikidata
Músculos e tendóns do pulso (o abdutor longo e curto do polgar pode ser visto na parte central dereita, en dirección ao polgar).
Instancia declase de entidade anatómica e tipo de órgano muscular quiral Editar o valor en Wikidata
Subclase demúsculo profundo do compartimento posterior do antebrazo e entidade anatómica particular Editar o valor en Wikidata
Parte departe profunda do compartimento posterior do antebrazo e set of extrinsic muscles of hand (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inervado pornerve to abductor pollicis longus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Músculo antagonistaMúsculo adutor do polgar Editar o valor en Wikidata
Acción muscularabdución do polgar Editar o valor en Wikidata
Orixe do músculoposterior surface of radius (en) Traducir, posterior surface of ulna (en) Traducir e membrana interósea do antebrazo Editar o valor en Wikidata
Inserción do músculoPrimeiro óso metacarpiano Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
Terminologia Anatomica 98A04.6.02.049
Wikidata ] C:Commons ]

Orixe e insercións

editar

A súa orixe áchase na superficie posterior das partes proximais de radio e cúbito e estende febras á membrana interósea. O seu tendón aparece entre o músculo extensor dos dedos e o músculo extensor radial curto do carpo, para inserirse na superficie lateral da base do primeiro metacarpiano. O tendón forma parte do bordo lateral da tabaqueira anatómica no pulso.

Función

editar

Abduce o dedo polgar, ao abducir a articulación entre o primeiro metacarpiano e o trapecio. Tamén funciona coma extensor accesorio do dedo polgar.

Innervación

editar

É innervado polo nervio interóseo posterior.