Manuel Dios Diz , a enciclopedia libre

Manuel Dios Diz, nado en Santiago de Compostela o 14 de xaneiro de 1953, é un mestre e escritor galego.

Modelo:BiografíaManuel Dios Diz

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1953 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario, político Editar o valor en Wikidata

BNE: XX860353 BUSC: dios-diz-manuel-1953 Dialnet: 2133436

Traxectoria

editar

Mestre, licenciado en Xeografía e Historia e doutorando en Estudos Contemporáneos pola Universidade de Santiago de Compostela. Militante da UPG, foi secretario xeral da Unión dos Traballadores do Ensido de Galiza (UTEG). Partidario de profesionalizar e dar máis peso ao BN-PG, foi expulsado da UPG en maio de 1981.[1] Foi profesor no IES de Cacheiras (Teo). Secretario xeral do Sindicato Galego do Ensino e a Investigación-CXTG. En 1994 ao se unir a CXTG e a INTG para crearen a Confederación Intersindical Galega formou parte da súa primeira executiva.[2]

Foi fundador e presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz (1985). En 2012 converteuse nun dos tres voceiros de Espazo Ecogaleguista[3] e continuou como co-voceiro ao se transformar en Espazo Ecosocialista Galego. Foi concelleiro en Santiago de Compostela por Compostela Aberta entre 2015 e 2019 e asemade deputado provincial.

É autor de Unidades Didácticas para o profesorado sobre educación para a Paz. Xubilouse en 2013 no IES de Cacheiras.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar