MariaDB , a enciclopedia libre

MariaDB é o nome dunha comunidade de desenvolvedores derivados da base de datos MySQL con licenza libre GNU GPL creada por Michael Widenius (fundador de MySQL) despois de ser mercado MySQL por Oracle.

MariaDB


Tiporelational database management system (en) Traducir e software libre e de código aberto Editar o valor en Wikidata
EpónimoMaria Widenius (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Usosistema de gerenciamento de banco de dados (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LicenzaLicenza Pública Xeral de GNU e LGPL (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Baseado enMySQL Editar o valor en Wikidata
Características
Sistema operativoMicrosoft Windows, macOS, Linux, Solaris e OpenBSD Editar o valor en Wikidata
PlataformaAmazon Web Services e Google Cloud Platform Editar o valor en Wikidata
Linguaxe de programaciónC, C++ e Perl Editar o valor en Wikidata
Datas
Publicación29 de outubro de 2009 Editar o valor en Wikidata
Creación29 de outubro de 2009 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Distribuidor/aMariaDB Foundation (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorMariaDB Corporation Ab (en) Traducir, Michael Widenius e MariaDB Foundation (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creador/aMichael Widenius Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBmariadb.org Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: mariadb GitHub: MariaDB Editar o valor en Wikidata
Manualmariadb.com… Editar o valor en Wikidata
Repositoriogithub.com… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O sistema ten dous motores de almacenamento novos: Aria, que substitúe a MyISAM e XtraDB que substitúe a InnoDB. MariaDB mantén unha alta compatibilidade con MySQL xa que ten as mesmas ordes, interfaces, APIs e bibliotecas.

Sistema

editar

MariaDB emprega os números de versión, ata 5.5, seguindo a numeración de MySQL e as características son as mesmas.

MySQL tiña versión 5.0 á que seguiu a 5.5. MariaDB tivo versións 5.1, 5.2 e 5.3. Esas versións foron introducindo algunhas características, pero non tódalas funcións dispoñibles en MySQL 5.5.

Despois da versión 5.5, os desenvolvedores de MariaDB decidiron empezar unha nova rama numerando como 10. Este troco fíxose para deixar máis claro que MariaDB (no futuro) non importará tódalas características de MySQL 5.6 (porque algunhas delas non parecen ser o suficientemente estables para as normas de MariaDB).

Clientes

editar
  • DBEdit — aplicación libre para a administración para MariaDB e outras bases de datos.
  • Navicat — series propietarias de aplicacións xestoras de bases de datos para Windows, Mac OS X e Linux.
  • MonYog e SQLYog — xestor gráfico de bases de datos, monitor e avisos.
  • HeidiSQL — cliente libre para MySQL en Windows. Incluído co paquete Windows MSI de MariaDB achegado coa versión.
  • node-mariasql — unha API para node.js pon en funcionamento MariaDB e non bloquea operacións (compatible con MySQL).[1]

Aplicacións

editar

As seguintes aplicacións teñen soporte oficial MariaDB:

Wikipedia en MariaDB

editar

En 2012 Wikipedia comezou a migración das súas bases de datos MySQL a MariaDB[2].

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar