Nervio estatoacústico , a enciclopedia libre
O nervio estatoacústico, nervio auditivo ou nervio vestibulococlear é o oitavo dos doce pares craniais. O seu nome débese á súa dobre función de audición e sensitivo para información nociceptiva. Leva a información dende o aparello auditivo ó cerebro. De camiño de oído ó cerebro atravesa o conduto auditivo interno, que se atopa no óso temporal.
Nervio estatoacústico | |
---|---|
nervus vestibulocochlearis ![]() | |
![]() | |
Instancia de | clase de entidade anatómica ![]() |
Subclase de | par cranial e entidade anatómica particular ![]() |
Ten rama anatómica | nervo coclear (pt) ![]() ![]() ![]() |
Estudado por | audioloxía, otologia (pt) ![]() ![]() |
Composto por
| |
Fontes e identificadores | |
MeSH | D000159 ![]() |
Thesaurus do NCI | C12996 ![]() |
Terminologia Anatomica 98 | A14.2.01.121 |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Composición do nervio
editarO VIII par cranial está composto por tres feixes:
- Nervio coclear: recibe información do órgano de Corti de tipo auditivo. Lévaa ó córtex temporal.
- Nervio vestibular superior: recolle información do utrículo e dos condutos semicirculares superior e externo.
- Nervio vestibular inferior: recolle información do sáculo e conduto semicircular posterior.
Funcións
editarDúas funcións:
- Auditiva: procede do órgano de Corti, pasa a través do nervio coclear e núcleo coclear, chega ós núcleos auditivos do troncoencéfalo e ó córtex auditivo, xeralmente no córtex temporal.
- Nociceptiva: recollida polos nervios vestibulares. Permite obter información da posición da testa.
Lesións
editarUnha lesión no feixe coclear produce xordeira do oído afectado. Nos outros feixes, prodúcense diversos síntomas: vertixe, perda de equilibrio etc.
Relacións
editarAtópase intimamente ligado co óso temporal. No interior do conduto auditivo interno relaciónase tamén co VII par cranial (nervio facial e intermediario de Wrisberg).
Véxase tamén
editarNervios craniais |
---|
CN I - Olfactorio |
CN II - Óptico |
CN III - Oculomotor |
CN IV - Troclear |
CN V - Trixémino |
CN VI - Abducente |
CN VII - Facial |
CN VIII - Vestíbulococlear |
CN IX - Glosofarínxeo |
CN X - Vago |
CN XI - Accesorio |
CN XII - Hipogloso |