Neurofisina II , a enciclopedia libre
![]() | |
neurofisina II de Bos taurus | |
Identificadores | |
Símbolo | AVP |
Símbolos alt. | ARVP |
Entrez | 551 |
HUGO | 894 |
OMIM | |
RefSeq | NM_000490 |
UniProt | P01185 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 20 p13 |
A neurofisina II é unha proteína carrexadora cun tamaño de 19 687,3 Da e está formada por un dímero de dúas cadeas polipeptídicas virtualmente idénticas. A neurofisina II é un produto de clivaxe (ou corte dunha molécula maior) da prepro-vasopresina ; o outro produto da clivaxe é a propia vasopresina. A neurofisina II é unha hormona neurohipofisaria que é transportada en vesículas, xunto coa vasopresina, ao longo dos axóns, desde as neuronas magnocelulares do hipotálamo ao lobo posterior da hipófise (neurohipófise). Aínda que a neurofisina II se almacena en gránulos neurosecretores con vasopresina e é liberada coa vasopresina na corrente sanguínea, a súa acción biolóxica non está clara. A neurofisina II é tamén un estimulador da secreción de prolactina.
Función
editarA neurofisina II é unha proteína carrexadora da vasopresina (ADH). Prodúcese nos corpos celulares dos núcleos paraventriculares e supraópticos e é transportada ao seu sitio de liberación nos terminais axónicos da neurohipófise. A oxitocina, unha hormona similar en estrutura á vasopresina, únese de xeito análogo e é transportada pola neurofisina I. Ambas as hormonas, vasopresina e oxitocina, teñen nove residuos de longo, e só difiren nos aminoácidos das posicións 3 e 8. A oxitocina posúe unha Ile-3, mentres que a vasopresina posúe unha Phe-3. Tanto a Ile coma a Phe son aminoácidos hidrófobos e sofren unha unión similar ás neurofisinas.
Estrutura
editarA neurofisina II é un dímero e cada un dos seus monómeros consta de dúas follas β antiparalelas. Cada cadea é idéntica coa excepción da substitución dun só aminoácido (a cadea 1 contén Lys-18, mentres que a cadea 2 contén Ala-18). Cada cadea é de 95 aminoácidos de lonxitude e únese a unha soa molécula de oxitocina. A secuencia de aminoácidos da neurofisina II é:
NH2 - Ala - Met - Ser - Asp - Leu - Glu - Leu - Arg - Gln - Cys - Leu - Pro - Cys - Gly - Pro - Gly - Gly - Lys - Gly - Arg - Cys - Phe - Gly - Pro - Ser - Ile - Cys - Cys - Ala - Asp - Glu - Leu - Gly - Cys - Phe - Val - Gly - Thr - Ala - Glu - Ala - Leu - Arg - Cys - Gln - Glu - Glu - Asn - Tyr - Leu - Pro - Ser - Pro - Cys - Gln - Ser - Gly - Gln - Lys - Ala - Cys - Gly - Ser - Gly - Gly - Arg - Cys - Ala - Ala - Phe - Gly - Val - Cys - Cys - Asn - Asp - Glu - Ser - Cys - Val - Thr - Glu - Pro - Glu - Cys - Arg - Glu - Gly - Phe - His - Arg - Arg - Ala - OH
(Pontes disulfuro: - 10-54; - 13-27; - 21-44; - 28-34; - 61-73; - 67-85; - 74-79)
Importancia clínica
editarMutacións puntuais nos xenes que codifican a vasopresina e/ou a súa proteína carrexadora neurofisina II subxacen en moitos casos do trastorno dominante autosómico familiar diabetes insípida neurohipofisaria.[1] (tamén chamada diabetes insípida hipotalámica hereditaria). Esta condición ten como resultado unha insuficiencia da liberación de vasopresina (ADH) na circulación sanguínea.
Notas
editar- ↑ Christensen JH, Siggaard C, Corydon TJ, et al. (January 2004). "Six novel mutations in the arginine vasopressin gene in 15 kindreds with autosomal dominant familial neurohypophyseal diabetes insipidus give further insight into the pathogenesis". Eur. J. Hum. Genet. 12 (1): 44–51. PMID 14673472. doi:10.1038/sj.ejhg.5201086.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Neurophysin II Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.