Northrop Grumman B-2 Spirit , a enciclopedia libre

O Northrop Grumman B-2 Spirit (tamén coñecido como Stealth Bomber) é un bombardeiro estratéxico estadounidense, que conta con certas características furtivas, deseñado para penetrar defensas antiaéreas densas; é capaz de lanzar tanto armas convencionais como nucleares. O bombardeiro ten capacidade para dous tripulantes e pode cargar 18 bombas guiadas por GPS JDAM de 230 kg, ou 16 bombas nucleares B83 de 1.100 kg. O B-2 é o único avión que pode levar armas standoff aire-terra en configuración furtiva.

Northrop Grumman B-2 Spirit

Instancia defamilia de aeronaves Editar o valor en Wikidata
Subclase destrategic bomber with 4 jet engines (en) Traducir, avião furtivo (pt) Traducir e Asa voadora (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Produción
País de orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
FabricanteNorthrop Grumman e Northrop Corporation Editar o valor en Wikidata
Total producido21 Editar o valor en Wikidata
Custo737.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Características
SensoresAN/APQ-181 Editar o valor en Wikidata
Impulsado porGeneral Electric F-118-GE-110 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Entrada en servizo17 de decembro de 1993 Editar o valor en Wikidata
Primeiro voo17 de xullo de 1989 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Lonxitude21 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura52,4 m Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DesenvolvedorNorthrop Corporation Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

O seu desenvolvemento orixinal comezou co proxecto "Advanced Technology Bomber" (ATB) durante a administración Carter, e o seu rendemento foi un dos motivos da cancelación polo B-1 Lancer. O proxecto ATB continuou durante a administración Reagan, pero preocupacións polo atraso na súa introdución fixeron que tamén se rehabilitase o programa do B-1. O seu custo elevouse durante a fase de desenvolvemento. Deseñado e fabricado por de Northrop Grumman coa asistencia de Boeing, o custo de cada exemplar era de 737 millóns de dólares (en 1997). Os custos de adquisición de cada avión eleváronse a 929 millóns, o que incluía pezas de reposto, equipamento, reacondicionamento e soporte de software. O custo total do programa, contando desenvolvemento, enxeñería e probas, supuxo 2.100 millóns por unidade en 1997.

Debido ao investimento e aos custos operativos elevados, o proxecto foi controvertido no Congreso e no Estado Maior Conxunto dos Estados Unidos. A desaparición da guerra fría a finais dos anos 80 reduciu dramaticamente a necesidade do avión, que fora deseñado coa intención de penetrar o espazo aéreo soviético e atacar obxectivos de alto valor. Durante os últimos anos dos 80 e os primeiros do 90, o Congreso recortou os plans iniciais para mercar 132 bombardeiros a tan só 21. No ano 2008 un B-2 resultou destruído nun accidente pouco despois da súa engalaxe. Un total de 20 B-2 continúan en servizo na USAF.

Aínda que orixinalmente foi deseñado principalmente como bombardeiro nuclear, o B-2 foi usado en combate por vez primeira con armamento convencional en Serbia, durante a guerra de Kosovo en 1999, e continuou operando nas guerras de Iraq e Afganistán. Os B-2 foron tamén usados durante a guerra civil en Libia do 2011.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar