Produto , a enciclopedia libre

Un produto é calquera cousa producida (manufactura) por un proceso natural ou por unha actividade humana. Especificamente pode referirse a:

En Ciencias da natureza
En Economía
En Lóxica
  • Produto, é o resultado da conxunción de diversas proposicións lóxicas, que esixe o valor de verdade de cada unha para que o valor da conxunción ou produto sexa verdadeiro.
En Matemáticas

Denomínanse tamén como produtos a certas operacións binarias realizadas en contextos especializados:

  • Produto (teoría das categorías). Usado na teoría das categorías é unha xeneralización abstracta dos produtos encontrados en diversas estruturas alxébricas.
  • Produto baleiro, o produto de cero factores. O seu valor numérico é 1 por convención. Por exemplo 0!=1.
  • Produto cartesiano, operación entre conxuntos cuxo resultado é un par ordenado dos elementos respectivos.
  • Produto escalar, operación binaria entre elementos dun espazo vectorial que ten por resultado un elemento do corpo subxacente.
  • Produto directo, abstracción que permite definir estruturas alxébricas en produtos doutros alxébricos (usualmente produtos cartesianos).
  • Produto exterior, unha xeneralización do produto vectorial.
  • Produto externo, produto de todos os elementos dun vector por todos os elementos do outro.
  • Produto vectorial ou produto cruz, operación entre vectores dun espazo euclidiano 3-dimensional que ten como resultado outro vector.
  • Produto mixto ou triplo produto escalar é un produto que combina o produto vectorial e o escalar.
  • Produto matricial, operación binaria entre matrices.
  • Produto tensorial, produto entre tensores. Un xeito cómodo de codificar obxectos multilineares.
  • Produto de Kronecker, unha operación entre dúas matrices dun tamaño arbitrario que da como resultado unha matriz bloque. É un caso especial do produto tensorial.
  • Produto de Hadamard, unha operación binaria que toma dúas matrices das mesmas dimensións e devolve unha matriz dos elementos correspondentes multiplicados.

Ademais, o termo produto tamén se relaciona con: