Reservoir Dogs , a enciclopedia libre

Reservoir Dogs é un filme estadounidense dirixido por Quentin Tarantino que se estreou en 1992. Pertence ó xénero neo-noir e suspense e conta os eventos anteriores e posteriores dun roubo de diamantes errado. Foi o primeiro filme do director e guionista Quentin Tarantino, e está protagonizado por Harvey Keitel, Tim Roth, Steve Buscemi, Chris Penn, Lawrence Tierney e Michael Madsen. Tarantino e Edward Bunker teñen papeis menores no filme. Incorpora moitos temas que se converteron en sinais de identidade do cine violento de Tarantino, como referencias da cultura popular, linguaxe vulgar e a narrativa non lineal.

Reservoir Dogs

Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema de asaltos, filme con analepse, cinema dramático, filme sobre crime, filme de suspense, cinema de gánsteres, cinema policial de suspense e cinema de drama policial Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aQuentin Tarantino Editar o valor en Wikidata
GuionistaQuentin Tarantino Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaAndrzej Sekuła (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineSally Menke Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aLawrence Bender e Harvey Keitel Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoMonte Hellman, Richard N. Gladstein (pt) Traducir e Ronna B. Wallace (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraArtisan Entertainment Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aMiramax Editar o valor en Wikidata
Recadación2.913.644 $ e 2.832.029 $ Editar o valor en Wikidata
Custo1.200.000 $ Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 39 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Clasificación
Contacto
Páxina WEBmiramax.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0105236 Filmaffinity: 137887 Allocine: 7524 Rottentomatoes: m/reservoir_dogs Mojo: reservoirdogs Allmovie: v40984 TCM: 88013 Metacritic: movie/reservoir-dogs TV.com: movies/reservoir-dogs
Discogs: 96906 Allmusic: mw0000088711 Netlix: 902003 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O filme converteuse nun clásico de culto do cine independente.[1] Foi chamado o "Meirande Filme Independente de Tódolos Tempos" pola revista Empire. Reservoir Dogs foi polo xeral ben recibida, e o elenco de actores foi eloxiado por moitos críticos. Malia que non tivo moita promoción na súa estrea, tivo un éxito modesto nos Estados Unidos despois de recadar $2 832 029 sobre un orzamento de $1,2 millóns. Tivo máis éxito no Reino Unido, recadando preto de £6,5 millóns, acadando aínda máis popularidade despois do seguinte filme de Tarantino, Pulp Fiction. A banda sonora, titulada Reservoir Dogs: The Original Motion Picture Soundtrack, foi lanzada coas cancións empregadas no filme, que pertencen na súa maioría á década de 1970.

Sinopse

editar

Unha banda organizada é contratada para atracar unha empresa e levar uns diamantes. Porén, antes de que soe a alarma, a policía xa está alí. Algúns membros da banda morren no enfrontamento coas forzas da orde, e os demais reúnense no lugar acordado.

Personaxes

editar
Os Reservoir Dogs
Outros personaxes
  • Randy Brooks como Holdaway
  • Kirk Baltz como Marvin Nash
  • Rich Turner como Sheriff #1
  • David Steen como Sheriff #2
  • Tony Cosmo como Sheriff #3
  • Stevo Poliy como Sheriff #4
  • Michael Sottile como Teddy
  • Robert Ruth como Policía disparado
  • Lawrence Bender como Policía novo
  • Linda Kaye como Muller golpeada
  • Suzanne Celeste como Muller disparada
  • Steven Wright (voz) como K-Billy DJ

Galardóns e nomeamentos

editar
  1. Tobias, Scott (18 de decembro de 2008). The A.V. Club, ed. "The New Cult Canon - Reservoir Dogs". The Onion. Consultado o 28 de agosto 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar