Rumble Fish , a enciclopedia libre
Rumble Fish é un filme estadounidense de 1983 dirixido por Francis Ford Coppola. Participou no Festival Internacional de Cinema de Donostia, onde obtivo a Cuncha de Ouro ao mellor filme.
Rumble Fish | |
---|---|
Tipo | filme ![]() |
Xénero artístico | cinema para adolescentes, filme baseado nunha novela e cinema dramático ![]() |
Lingua orixinal | lingua inglesa ![]() |
Autoría | |
Interpretado por | Stewart Copeland ![]() |
Director/a | Francis Ford Coppola ![]() |
Compositor/a | Stewart Copeland ![]() |
Guionista | Susan E. Hinton (pt) ![]() ![]() |
Director/a fotografía | Stephen H. Burum (en) ![]() ![]() |
Editor/a de cine | Barry Malkin ![]() |
Deseñador/a produción | Dean Tavoularis ![]() |
Temática | |
Ambientado en | Oklahoma ![]() |
Baseado en | Rumble Fish (en) ![]() ![]() |
Inspirado na obra de | Susan E. Hinton (pt) ![]() ![]() |
Personaxes
| |
Publicación | |
Data publicación
| |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Produtor/a | Fred Roos ![]() |
Produtor/a executivo | Francis Ford Coppola ![]() |
Compañía produtora | American Zoetrope ![]() |
Distribuidor/a | Universal Studios e Netflix ![]() |
Custo | 10.000.000 $ ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Puntuación crítica
| |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 31 minutos e 1 hora e 34 minutos ![]() |
Clasificación | |
Fontes e ligazóns | |
Páxina WEB | rumblefishdvd.com ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Características
editarA película está baseada na novela homónima da autora adolescente Susan E. Hinton. Apenas uns meses antes sorprendera a Hinton o éxito de Rebeldes[1] (The Outsiders), tamén levada á gran pantalla por Coppola no mesmo ano de 1983.
Rumble Fish foi cualificada polo propio director como “de arte e ensaio para adolescentes[2]”. Tivo unha mala acollida comercial[3][4] nos Estados Unidos que contrastou co éxito, tanto de crítica como de portelo, nas salas europeas.
Sinopse
editarA banda de Rusty James (Matt Dillon) vese envolvida nunha pelexa coa banda rival. No momento de maior violencia da lea aparece “The Motorcycle Boy” (Mickey Rourke), o irmán máis vello de Rusty James que se convertera en lenda marxinal, en realidade un decadente heroe aborrecido da vida ao que Rusty James quere desesperadamente imitarse. Tras o rescate do irmán vemos vagar as personaxes, sen aparente saída, por escenarios de drogadicción, abandono e delincuencia.
Significación
editarA aposta da crítica pola perdurabilidade de Rumble Fish apunta en varias direccións[5][6][7][8]: o virtuosismo de certas escenas, o uso dramático do branco e negro e das incrustacións de imaxes en cor, a banda sonora (Stewart Copeland) e especialmente as reflexións sociais ou filosóficas -sobre a familia, sobre a miseria, sobre o tempo, sobre os modelos heroicos...-, por veces tinguidas de ironía.
Rumble Fish supón un achado de actrices -Diane Lane- e de novos actores –daquela érano Matt Dillon e Mickey Rourke e na lista figura, por exemplo, Nicolas Cage-. Tense destacado tamén o papel dos secundarios, algún habitual das preferencias coppolianas (Dennis Hopper) e outros coma Tom Waits.
Notas
editar- ↑ Xuvenil Alfaguara, tradución de Antón Palacio, 1989, 185 pp. ISBN 84-204-5061-8.
- ↑ "Cine Archivo // Ficha Película". www.cinearchivo.net. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ "Folha de S.Paulo - Coppola dá duas versões do sonho americano - 2/2/1994". www1.folha.uol.com.br. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ "amemóriadotempo: Rumble Fish – Juventude Inquieta". amemóriadotempo. quarta-feira, 12 de novembro de 2014. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ Bastenier, M. A. (2008-02-07). "'La ley de la calle', Rusty no estuvo allí". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ ""O Selvagem da Motocicleta": a utopia rebelde em um aquário". cinematório (en portugués). 2018-07-09. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ Clarín.com. ""La ley de la calle", por Netflix: Una (gran) pequeña obra maestra". www.clarin.com (en castelán). Consultado o 2020-04-12.
- ↑ Delorme, Stéphane. (2007). Francis Ford Coppola. Madrid: El País. ISBN 978-84-9815-954-7. OCLC 804152224.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial (en inglés)