Windows 3.x , a enciclopedia libre

Windows 3.x é o nome xenérico para a as versións do sistema operativo Windows Windows 3.0, Windows 3.1 e Windows 3.11.

Windows 3.x
Tiposoftware privativo e sistema operativo Editar o valor en Wikidata
Subclase deMicrosoft Windows Editar o valor en Wikidata
Datas
Publicación22 de maio de 1990 Editar o valor en Wikidata
Creación22 de maio de 1990 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DesenvolvedorMicrosoft Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Composto por
Contacto
Páxina WEBwindows.microsoft.com… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Windows 3.0

editar

Windows 3.0 saíu o 22 de maio de 1990, foi a primeira versión de Windows realmente popular, vendeu máis de 10.000.000 de unidades, e puido competir con éxito co Macintosh de Apple Computer e co Commodore Amiga.

Microsoft fixo unha verdadeira reconstrución do sistema operativo para facer un mellor uso da memoria dos microprocesadores Intel 80286 e Intel 80386, podendo redireccionar a memoria máis aló dos 640 KB. Tiña un administrador de programas e un administrador de arquivos ademais de Combo Boxes, menús xerárquicos e arquivos INI privados para cada aplicación.

A versión Windows 3.0a, lanzada a fins de 1991 tiña extensións multimedia que permitían o soporte de unidades de CD-ROM e tarxetas de son.

Windows 3.1

editar

Windows 3.1 saíu ao mercado o 18 de marzo de 1992, incluía versións para fontes True Type e OLE.

Windows 3.1 para traballo en grupos

editar

Windows 3.1 para traballo en grupos saíu ao mercado en outubro de 1992 e tiña soporte para redes. Unha versión mellorada Windows 3.11 para traballo en grupos saíu en decembro de 1993.


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.