Microsoft Windows , a enciclopedia libre

Microsoft Windows é unha liña de sistemas operativos gráficos privativos desenvolvidos e comercializados por Microsoft. Está agrupada en familias e subfamilias que atenden a sectores particulares da industria informática: Windows para unha estación de traballo de consumo ou corporativa, Windows Server para un servidor e Windows IoT para un sistema integrado. Windows véndese por separado ou pode vir incluído en produtos de terceiros.

Microsoft Windows

Nome curtoWindows Editar o valor en Wikidata
Tiposistema operativo, software privativo, plataforma e marca comercial Editar o valor en Wikidata
Subclase desistema operativo e plataforma Editar o valor en Wikidata
Epónimojanela (informática) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
HistoriaMicrosoft Windows version history (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Licenzalicenza de propiedade Editar o valor en Wikidata
Características
PlataformaARM, IA-64 (pt) Traducir, MIPS, DEC Alpha (pt) Traducir, PowerPC e x86 Editar o valor en Wikidata
Linguaxe de programaciónC, C++ e linguaxe ensambladora Editar o valor en Wikidata
Biblioteca de IUWindows Runtime (en) Traducir, Windows API (pt) Traducir, .NET Framework, Universal Windows Platform, .NET Compact Framework, .NET, Windows Forms (pt) Traducir e Windows Presentation Foundation (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
Publicación20 de novembro de 1985 Editar o valor en Wikidata
Creación20 de novembro de 1985 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DesenvolvedorMicrosoft Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
MS-DOS Editar o valor en Wikidata
Contacto
Blog oficialblogs.windows.com Editar o valor en Wikidata
Páxina WEBwindows.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: windows Twitter: Windows Youtube: UCVGOyzms_XJNk_DHqrffXCw BNE: XX4997225 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Windows é o sistema operativo de escritorio máis popular do mundo, cunha cota de mercado do 70% en marzo de 2023, segundo StatCounter;[1] non obstante, cando se inclúen os sistemas operativos móbiles, non é o máis utilizado, a favor de Android.[2]

Historia

editar

A primeira versión de Windows, Windows 1.0, foi lanzada o 20 de novembro de 1985, como shell de sistema operativo gráfico para MS-DOS en resposta ao crecente interese polas interfaces gráficas de usuario (GUI).[3] O nome "Windows" é unha referencia ao sistema de ventás nas GUI.[4] O lanzamento de Windows 3.0 en 1990 catapultou o seu éxito no mercado e levou a varias outras familias de produtos, incluíndo os xa desaparecidos Windows 9x, Windows Mobile, Windows Phone e Windows Embedded Compact. A partir de Windows 95, Windows pasou a non depender dun DOS e pasou a ser un sistema operativo propio.

A 2024, a versión máis recente de Windows é Windows 11 para PCs e tabletas, Windows 11 Enterprise para corporacións e Windows Server 2025 para servidores. Aínda son compatibles algunhas edicións de Windows 10, Windows Server 2016 ou posterior (e excepcionalmente con soporte de pago ata Windows Server 2008).

Versións

editar

Versións baseadas no MS-DOS (e ano de saída ó mercado):

Versións baseadas no NT (Network Technology):

Versións baseadas no CE:

  1. "Desktop Operating System Market Share Worldwide". statcounter.com. Arquivado dende o orixinal o 2020. Consultado o 2023. 
  2. "Microsoft gets real, admits its device share is just 14%". computerworld.com. Arquivado dende o orixinal o 2016. Consultado o 2016. 
  3. "The Unusual History of Microsoft Windows". thoughtco.com. Consultado o 2023. 
  4. "Why Is Windows Called Windows?". howtogeek.com. Consultado o 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar