Castro da Peneda , a enciclopedia libre

O Castro da Peneda é un sitio arqueolóxico como resultado do asentamento da cultura castrexa en Galicia. Está situado na parroquia redondelá do Viso.

Castro da Peneda

Tipocastro Editar o valor en Wikidata
ConservaciónRegular
Datas
OcupaciónIdade de Ferro
Localización
Mapa
 42°19′38″N 8°35′26″O / 42.3272426, -8.59068193
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloRedondela
ParroquiaO Viso Editar o valor en Wikidata
Localizaciónmonte da Peneda Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Id. catálogoGA36053001
Contacto
RedesPatrimonio Galego: 43321
Wikidata ]

O estado de conservación é ruinoso. Apenas se atopan restos da súa muralla e de tres vivendas circulares. Posteriormente na localización do castro construíronse outros edificios como o castelo de Castrizán, do que hoxe só se conservan restos da muralla; ou a capela da Virxe das Neves, que se conserva relativamente ben.

Descrición

editar

A muralla arrodea o castro percorre paralela á estrada que sube ao monte da Peneda. Da muralla apenas se conservan algúns tramos e está formada por pedras de orixe granítica. Consta de dúas fileiras de pedras de gran tamaño e separadas por uns centímetros entre si. Entre ambas filas está recheo de pedras menores e terra.[1]

Ademais da muralla, consérvanse tres vivendas circulares de 3,30, 3,60 e 4,60 metros de diámetro.

Tamén, por último, consérvanse restos do que puido ter sido unha mina.

Obxectos

editar

No Museo de Pontevedra exhíbense diversos obxectos atopados en escavacións do castro. Entre elas destacan un caldeiro de bronce e varios utensilios de cociña (coitelos, alfinetes, fibelas), machadas, muíños e varios obxectos de cerámica.[2]

  1. Castro da Peneda na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. Couñago, Xosé. Elementos da prehistoria de Redondela. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar